Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Sábado, 23 Junio 2018

Presentación

1.- MARCO LEGAL

No  DECRETO 77/2011, do 7 de abril, establécese o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional, competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Disposición adicional primeira. Departamento de orientación .(DOG nº 90, de 10 de maio de 2011): 

  •  Os centros integrados de formación profesional substitúen o departamento de orientación, regulado polo Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, polo departamento de información e orientación profesional, segundo o recollido no artigo 25 deste decreto. No artigo 25, regúlase específicamente o Departamento de información e orientación profesional:1.- O departamento de información e orientación profesional estará constituído polo orientador ou a orientadora, un profesor ou una profesora por cada departamento de familia profesional existente no centro e, polo menos, un membro do departamento de FOL designado polo propio departamento, segundo as necesidades detectadas.


2.- Dentro deste departamento incluirase a figura do coordinador ou coordinadora de emprendemento de entre os componentes do departamento.

 MISIÓNS E RESPONSABILIDADES 

Informar o alumnado e-en xeral- calquera persoa interesada sobre as oportunidades de acceso ao emprego , da oferta de cursos de perfeccionamento, reciclaxe ou especialización así como das posibilidades do procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionais e da formación ao longo da vida.

  •  Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico as actividades de información, orientación e titoría que o profesorado realice no CIFP co seu alumnado.
  •  Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe, así como participar no diagnóstico, deseño e aplicación de programas individuais de reforzó educativo e adaptacións curriculares.
  •  Contribuir a que a avaliación desenvolvida no CIFP se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa, así como a que as sesión de avaliación non contradigan os devanditos principios.
  •  Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións coas correspondentes propostas de mellora de cara ao futuro.
  •  Elaborar as actas de constitución e das reunión do departamento(mínimo 1 mensual)
  •  Recibir e transmitir toda a información recollida polos restantes membros do departamento.
  •  Elaborar o Plan de Orientación Profesional.