Plan de Acreditación da Experiencia Laboral. Oferta de servicios
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe. Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.
O Departamento de Información e Orientación Profesional actúa como servizo aberto e permanente para facilitar información e orientación sobre o procedemento a todas as persoas que a soliciten. O orientador desenvolverá as seguintes funcións:
- Informar sobre o proceso de avaliación e recoñecemento das competencias profesionais para que se poida seguir adecuadamente, e tamén sobre a formalización e a presentación da documentación pertinente.
- Elaborar un plan de formación cando sexa necesario para as persoas candidatas aos procedementos abertos no Centro, onde se farán constar segundo proceda:
- As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para que poidan acreditar en convocatorias posteriores as unidades de competencia das que solicitaran a súa acreditación.
- As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para completar a formación conducente á obtención dun título de formación profesional ou certificado de profesionalidade relacionado con elas.
En Ourense, a 10 de xaneiro de 2012
O Orientador Xefe do Departamento de Información e Orientación Profesional.