Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8296636
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
349
233
349
8296636

Su IP: 54.82.29.141
Server Time: 2018-01-22 16:40:00

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

Maqueta de Montacargas

Identificación do Traballo
O traballo exposto foi desenvolvido polo grupo de 1º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico, no módulo Mantemento de Equipamentos de Electrónica Industrial, impartido polo profesor Marco Antonio González.
Resumen do Traballo
O segundo trimestre, do citado módulo, céntrase no estudo dos autómatas programables, considerando tanto a montaxe e cableado, como a programación. A través do presente proxecto, os alumnos aplican os coñecementos adquiridos na resolución dunda situación real.
Memoria
O traballo consistiu na elaboración do programa para a automatización dun montacargas de dúas plantas e baixo, amosado na figura, e reproducido nunha maqueta.
Neste caso o sistema consta de 6 variables de entrada: os tres pulsadores de chamada P0, P1 e P2, e os tres finais de carreira D0, D1 e D2, que indican en que planta atópase o montacargas.
Por outra banda, como saídas ou actuadores temos o motor, MT, que virará nun sentido ou no contrario segundo teña que ascender ou descender o montacargas, e un display de 7 segmentos, co seu convertidor BCD/7SEG, que mostra en que planta atópase a plataforma.
Como é costume nestes casos, e tendo en conta o número de variables, primeiro foi trazado o GRAFCET do sistema, e logo, baseándose nel, obtívose o programa do autómata en linguaxe de contactos.
Posteriormente, na aplicación LOGO Comfort de Siemens, simulouse e verificouse a validez da solución proposta.
Finalmente, para facilitar a conexión dos sensores e actuadores da maqueta co autómata, deseñáronse expresamente 4 placas de circuíto impreso, constituíndo o conxunto un panel didáctico que, como se aprecia na imaxe, admite posibles modificacións ou variantes (entradas de paro, rearme, etc.), sen máis que cambiar ou engadir cableado, ou ben a posibilidade de controlar a maqueta dende outros dispositivos programables (microcontrolador, PIC, Arduino, etc.).