Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8297015
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
178
550
728
8297015

Su IP: 54.226.179.247
Server Time: 2018-01-23 09:00:51

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

Maqueta de Porta Automática

Identificación do Traballo
O traballo exposto foi desenvolvido polo grupo de 1º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico, no módulo Mantemento de Equipamentos de Electrónica Industrial, impartido polo profesor Marco Antonio González.
 
Resumen do Traballo
O segundo trimestre, do citado módulo, céntrase no estudo dos autómatas programables, considerando tanto a montaxe e cableado, como a sua programación. A través do presente proxecto, os alumnos aplican os coñecementos adquiridos na resolución dunda situación real.
 
Memoria
O traballo consistiu na elaboración do programa para a automatización dunha porta de acceso a un garaxe, amosada na figura, e reproducida nunha maqueta.
 
Neste caso, o sistema consta de 6 variables de entrada: os pulsadores de entrada PE, e de saída PS, para ordenar a apertura da porta; os 2 sensores fotoeléctricos de barreira, DE e DS, situados no exterior e interior do garaxe, necesarios para a inmediata apertura no caso de que a porta estéase pechando (os pulsadores tamén interrompen o peche e ordenan de novo a apertura); e os finais de carreira, FCA (porta aberta) e FCC (porta pechada).
 
Por outra banda, disponse de 3 saídas ou actuadores: dúas lámpadas vermellas, RE e RS, e o motor, MT, que virará nun sentido, ou no contrario, para abrir ou pechar a porta. RE iluminarase, previa pulsación de PS, advertindo da saída dun vehículo do garaxe a quen desexe acceder ao mesmo. Do mesmo xeito, ao premer PE iluminarase RS para avisar da entrada dun vehículo a quen poida saír do garaxe.
 
Como é costume nestes casos, e tendo en conta o número de variables, primeiro foi trazado o GRAFCET do sistema, e logo, baseándose nel, obtívose o programa do autómata en linguaxe de contactos.

Posteriormente, na aplicación LOGO Comfort de Siemens, simulouse e verificouse a validez da solución proposta.
 
Finalmente, para facilitar a conexión dos sensores e actuadores da maqueta co autómata, deseñáronse expresamente catro placas de circuíto impreso, constituíndo o conxunto un panel didáctico que, como se aprecia na imaxe, admite posibles modificacións ou variantes (entradas de paro, rearme, etc.), sen máis que cambiar ou engadir cableado, ou ben a posibilidade de controlar a maqueta dende outros dispositivos programables (microcontrolador, PIC, Arduino, etc.).

 

Galería de imáxenes