Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8297010
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
173
550
723
8297010

Su IP: 54.226.179.247
Server Time: 2018-01-23 08:59:10

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

Entrega de premios do concurso de Fotorrelatos 2017

E chegou o gran día. No CIFP  A Farixa, celebrouse a gala de entrega de premios do concurso de Foto-Relato 2017 no que resultou gañador, Antonio David Pinal Lois, coa obra “Lume”; o segundo premio foi para o traballo “Resío” de Cristhian Fernández Blanco, en tanto que o terceiro recaeu en Alba Remacho Montaño, coa obra “Estraño outono”.

Recitáronse os relatos premiados da edición de 2016 “una vez” de Susana Paredes Pérez e “Entre  luces e sombras” de Beatriz Barreiros González, así como tamén a proxección, en formato multimedia,  das fotografías participantes nas edicións de 2016 e 2017.

Novamente, como vén sendo habitual nas últimas edicións, a Gala foi producida e realizada con éxito polos alumnos de audio-visual do centro, que demostraron o seu talento e creatividade.

O acto contou coa participación do “mago David” ,alumno de tafad, e varias actuacións musicais dos alumnos: Lucia, Irene, Jorge, Hugo, David e Cristhian  que ofreceron varios temas en acústico e que gustou moito ao numeroso público presente no novo salón de actos do centro. Tamén, o grupo musical dos profesores: Antonio, Manuel, Eduardo, Javier e José Antonio interpretaron o tema de Bod Dylan “Blowin’ in the wind” -A resposta está no vento-.

Os presentadores da Gala: Alba e Hector, estiveron moi divertidos e conduciron o acto con moitas ganas de deleitar ao público presente.

O profesor Don José Antonio González Sánchez falou sobre  o poder da fotografía para inspirar unha maior comprensión do mundo natural e do compromiso de preservar a beleza e diversidade da natureza, animando os novos fotógrafos e afeccionados de toda a comunidade educativa do CIFP A Farixa, a poñer a natureza no marco das cámaras e seguir descubrindo e promocionando a nosa terra.

 Ao acto asistiu o Inspector Don José Luis Vázquez Fernández que participou na entrega dos premios desta cuarta edición.

A exposición dos gañadores do concurso “Camiñando a natureza” pódese ver no vestíbulo do edificio principal do CIFP - A Farixa.

  Galería de imáxenes