Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Sábado, 20 Octubre 2018

Viveiros de Empresa A Farixa

     

 

 

Programa Emprende

Eduemprende, o Plan de emprendemento no sistema educativo de galicia, ten como finalidade o fomento do espírito emprendedor e as iniciativas empresariais. Para alcanzar este obxectivo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do programa emprende, pon á disposición do seu alumnado, de xeito gratuíto, espazos adecuados para a posta en marcha de proxectos empresariais viables, coas infraestructuras básicas e co asesoramento e titoría do responsable de emprendemento nos centros educativos que conforman a Rede galega de viveiros de empresa.

 

       
Que servizos ofrece un viveiro de empresas?

Todos Os servizos que se ofrecen desde estes viveiros son gratuítos e serán os axeitados en cada unha das fases nas que se atope o proxecto.

 

   1. Asesoramento

  • Por parte do profesorado que imparte formación relacionado co sector onde se desenvolverá o teu proxecto.
  • do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do teu proxecto.
  • titoría polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación do teu proxecto.

 

   2. Instalaciones propias de viveiro

Espazos axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro que ofrece:

  • moblaxe  básica propia de una oficina
  • equipos informaticos
  • acceso  a internet
  • teléfono, fax, fotocopiadoras…
  • gastos xerados do mantemento xeral

 

 

Quen pode acceder a un viveiro?

  1. Poden acceder todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

 

      a. Alumnado matriculado nalgunha ensinanzas sostida con fondos públicos de galicia de:

 

  • Formación profesional
  • Ensinanzas de artes plásticas e deseño
  • Ensinanzas superiores de deseño
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao de Arte Dramática
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en Música
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en Danza
  • Ensinanzas deportivas
  • Bachalerato
  • Educación secundaria para persoas adultas (ESA)

 

      b. Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a)

 

  2 Poden ser un ou varios emprendedores nun mesmo proxecto, segundo a forma xurídica elixida

 

 

Que tramites terás que realizar para acceder aos servicios do viveiro?

 

Para acceder ao viveiro deberás seguir os seguintes pasos:

 

  1. Entrevista inicial coa persoa titora do viveiro, para a valoración da idea emprendedora e do equipo emprendedor, que responderá as túas preguntas e dúbidas en relación co funcionamento do viveiro e valorará o potencial emprendedor da túa idea

 

  1. Elaboración/preparación do plan de empresa. Se a valoración da túa idea emprendedora e positiva a persoa titora do viveiro axudarate a elaborar un proxecto de empresa realista. Neste terás que madurar a túa idea, analizar o contorno, facer as previsións de investimento, buscar financiamento, establecer as estratexias para introducirte no mercado,...

 

  1. Se o proxecto se valora como viable deberás asinar o contrato tipo de cesión de espacios no viveiro de empresas do IES/CIFP elexido, para usar de forma gratuita as instalaciones de viveiro como sede da túa empresa.

 

 

Onde me podo informar?

Se queres información sobre a rede de viveiros de empresas contacta co Coordinador ou Coordinadora de Emprendemento do noso centro. O correo electrónico é Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

O viveiro proporciona unha plataforma para establecer relación con outras empresas, administración e outras institucións, o que facilita coñecer outras experiencias e abrirse camiño no mercado. Estando no viveiro daraste a coñecer a través da páxina www.edu.xunta.es/fp