![]() |
Dentro do marco do acordo entre o CIFP A Farixa e PLACO (grupo SAINT-GOBAIN) que ten unha duración de dous cursos académicos, esta empresa proporcionou EPIS e manuais de formación para os nosos alumnos do ciclo de Obra de Interior, Decoración e Rehabilitación da familia de Edificación e Obra Civil.
Este acordo completarase cunhas xornadas de formación Masterclass aos nosos alumnos e profesores impartida por profesionais da devandita empresa.
|