Viernes, 29 Mayo 2020

 

 

 

A Asociación de Construtores de Ourense –ACO- rubricaba esta maña na súa sede un acordo co CIFP A Farixa co obxecto de colaborar na formación curricular específica dos ciclos formativos e realización das actividades laborais na empresa do alumnado de A Farixa, mediante actividades de formación, traballo na empresa, e formación complementaria específica.

 


O CIFP A Farixa é un Centro Integrado de Formación Profesional creado en 1981 que imparte os ciclos de “Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación” e “Proxectos de Edificación”, os cales tiveron un importante incremento de matriculas nos últimos anos.

 


A colaboración firmada esta maña entre o director do centro, José Luís Rodríguez e o presidente dos construtores ourensanos, Santiago Ferreiro, inclúe que as empresas integradas en ACO comprométense á contratación do alumnado incorporándoos ao réxime xeral da Seguridade Social durante o período de xaneiro ata xuño.

 


O centro designará un profesor ou profesora, e a empresa un titor ou titora, que serán responsables do seguimento da formación e da coordinación do conxunto de actividades realizadas na empresa.

 


Coa firma de este acordo, ambas partes intentan iniciar un canle de colaboración para tratar de paliar a falta de traballadores cualificados no sector e que a construción volva ser unha opción de futuro para a xente nova.