Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Viernes, 21 Septiembre 2018

CM - Instalacións de Telecomunicacións

  CMELE02 RD 1632/2009 do 30 de outubro Decreto 178/2010 do 1 de outubro

 

INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS 

 

       
Familia
Profesional
Electricidade e Electrónica  
Título  Técnico en Instalacións de Telecomunicacións  
 Duración  2000 horas  
Acceso Título ESO (LOE/LOXSE/LOMCE)
Título de técnico auxiliar
2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos
Título Profesional Básico (FPBÁSICA)
Módulos obrigatorios dun PCPI
Curso de formación especificio para acceso a ciclos de grao medio
Proba acceso a ciclos de grao medio
Proba acceso (madurez) a ciclos de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou Artes plásticas e deseño
Proba acceso á universidade para maiores de 25 anos
 
Perfil Profesional 
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto ambiental.
a) Configurar e calcular instalacións de telecomunicacións, audiovisuais, domóticas e eléctricas de interior, determinando a localización e as características dos elementos que as constitúen, consonte as especificacións e as prescricións regulamentarias.
b)Trazar a instalación de acordo coa documentación técnica, resolvendo os problemas da súa competencia e informando doutras continxencias, para asegurar a viabilidade da montaxe.
c) Montar ou ampliar equipamentos informáticos e periféricos, configuralos, e asegurar e verificar o seu funcionamento, en condicións de calidade e seguridade.
d) Instalar e configurar software base, sistemas operativos e aplicacións,
f) Montar os elementos compoñentes das infraestruturas e das instalacións (canalizacións, cables, armarios, soportes, etc.) utilizando técnicas de montaxe, en condicións de calidade, seguridade e respecto ambiental.
g) Instalar os equipamentos (cámaras, procesadores de sinal, centrais, etc.) utilizando ferramentas de programación e de xeito que se asegure o seu funcionamento, en condicións de calidade e seguridade.
h) Manter e reparar instalacións e equipamentos realizando as operacións de comprobación, axuste e substitución dos seus elementos, e reprogramar os equipamentos para restituír o seu funcionamento.
i) Verificar o funcionamento da instalación ou do equipamento realizando probas funcionais e de comprobación, para proceder á súa posta en servizo.
 
Postos de Traballo Instalador de telecomunicacións en edificios e vivendas, instalador de antenas, instalador de sistemas de seguridade, técnico en redes locais e telemática, técnico en instalacións e mantemento de redes locais, instalador de telefonía. nstalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos.  Técnico/a en instalacións de son.  Instalador/ora de megafonía. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos. Técnico/a en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión.  
Plan de estudos 
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas Horas

6 mód.
MP0359 Electrónica Aplicada 10   266 960
MP0360 Equipamentos Microinformáticos 5   133
MP0362 Instalacions Eléctricas Básicas 7   187
MP0363 Instalacións de Megafonía e Sonorización 6   160
MP0365 Instalacións de Radiocomunicacións 4   107
MP0366 Formación e Orientación Laboral 4   107

6 mód.
MP0237  Infraestructuras Comúns de telecomunicación en vivendas e edificios 7   123 1040
MP0238 Instalaciones Domóticas 7   123
MP0361 Infraestruturas de Redes de Datos y Sistemas de Telefonía 10   174
MP0364  Circuíto Pechado de Televisión e Seguridade Electrónica 9    157
MP0367 Empresa e Iniciativa Emprendedora 3   53
MP0368 Formación en Centros de Trabajo     410
           
Titulación Técnico en Instalacions de Telecomunicacións 
Acceso Estudos
1. O título de técnico en instalacións de telecomunicacións permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.
3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.