Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 236 552

Fax: 988236501

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Sábado, 21 Abril 2018

CM - Obras de Interior, Decoración e rehabilitación

  CMEOC02 Real Decreto 1689/2011 do 18 de novembro Decreto 139/2013, do 18 de xullo 

 

OBRAS DE INTERIOR, DECORACIÓN E REHABILITACIÓN 

 

       
Familia  Profesional Edificación e Obra Civil  
Título Técnico en Obras de interior decoración e rehabilitación  
 Duración  2000 horas  
Acceso Título ESO (LOE/LOXSE/LOMCE)  - Título de técnico auxiliar
2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos
Título Profesional Básico (FPBÁSICA)  - Módulos obrigatorios dun PCPI
Curso de formación especificio para acceso a ciclos de grao medio
Proba acceso a ciclos de grao medio - Proba acceso (madurez) a ciclos de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou Artes plásticas e deseño  - Proba acceso á universidade para maiores de 25 anos
 
Perfil Profesional 
Competencia Xeral A competencia xeral do título de técnico en obras de interior, decoración e rehabilitación consiste en organizar e executar os acabamentos de construción en obra nova, reforma e rehabilitación, realizando chans, particións e teitos, mediante a instalación de paneis ou pezas prefabricadas, a colocación de placas ou láminas, a aplicación  de  revestimentos  continuos  e  a  pintura  de  superficies,  cumprindo  as condicións e os prazos establecidos, así como as prescricións de calidade, seguridade e ambiente
a) Realizar  particións  e  extradorsados,  montando  placas  prefabricadas  e  comprobando a súa posición, a fixación, o achandamento e o acabamento final.
b) Realizar teitos suspendidos con pezas prefabricadas, implantando e montando elementos de sustentación, tirantes, perfís e placas.
c) Instalar chans técnicos e anteparos, implantando a posición dos seus elementos e montando soportes, perfís, pezas de pavimentación e rexistros para instalacións.
d) Executar traballos de revestimento en acabamentos de construción con pastas e morteiros, realizando recebos, gornecidos, lucidos e revocaduras.
e) Realizar revestimentos de paramentos verticais e horizontais con materiais lixeiros  (papel,  téxtil,  madeira,  plástico,  metal,  etc.),  preparando  soportes,  fixando  láminas e/ou pezas e resolvendo unións e xuntas.
f)  Realizar  acabamentos  con  pinturas,  esmaltes  e  vernices  en  elementos  de construción,  preparando soportes, realizando  mesturas  e aplicando  as  capas especificadas mediante procedementos manuais e mecánicos.
g)  Revestir  paramentos  horizontais  e  verticais,  realizando  traballos  de  solado con pezas ríxidas, chapados e azulexados.
h) Organizar a execución dos traballos de obras de interior, decoración e rehabilitación.
 
Postos de Traballo As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e morteiros. Xefe/a de equipo e/ou encargado/a de persoal azulexador e solador. Xefe/a de equipo de persoal instalador de sistemas prefabricados de xeso laminado ou falsos teitos. Xefe/a de equipo e/ou encargado/a de pintores/oras e empapeladores/oras. Aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas. Revocador/ora de construción. Azulexador/ora solador/ora. Instalador/ora de placa de xeso laminado.
Instalador/ora de falsos teitos. Xunteiro/a de placa de xeso laminado. Colocador/ora de prefabricados lixeiros en construción. Colocador/ora de pavimentos lixeiros, en xeral. Colocador/ora de moqueta. Instalador/ora de pavimentos elevados rexistrables. Instalador/ora de sistemas de anteparos e empanelados técnico. Pintor/ora e/ou  empapelador/ora.  Pintor/ora de interiores. Pintor/ora decorador/ora de interiores. Pintor/ora de obra. Pintor/ora de fachadas de edificación
 
Plan de estudos 
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas  Horas

7 módulos
MP0995  Construción     133 960
MP0996 Interpretación de planos de construción.     107
MP1194. Revestimentos continuos     187
MP1195 Particións prefabricadas     187
MP1196 Anteparos e chans técnicos     107
MP1197 Teitos suspendidos     132
MP1201 Formación e orientación laboral     107

6 módulos
MP1003 Solados, azulexados e chapados     192 1040
MP1198 Revestimentos lixeiros     123
MP1199 Pintura decorativa en construción.     192
MP1200 Organización de traballos de interior, decoración e rehabilitación     70
MP1202 Empresa e iniciativa emprendedora     53
MP1203 Formación en centros de traballo     410
Titulación Técnico en Obras de Interior decoración e rehabilitación 
Acceso Estudos 1. O título de técnico en Obras de Interior decoración e rehabilitación  permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.
3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.