Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 236 552

Fax: 988236501

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Sábado, 21 Abril 2018

CS - Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

  CSHOT02 Real Decreto 1254/2009 do 24 de xullo Decreto 172/2010 do 23 de setembro 

 

AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS 

 

       
Familia
Profesional
Hostalería e Turismo  
Título TÉCNICO SUPERIOR EN AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS  
 Duración  2000 horas  
Acceso Título universitario
Título de técnico superior ou técnico especialista
Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidad Humanidades e Ciencias Sociais)
Título de tecnico de grao medio / BUP /
Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente
Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos
Mediante proba a ciclo de grao superior  para maiores de 19 anos
 
Perfil Profesional 
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo accións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela.  
Postos de Traballo 1. Este profesional exerce a súa actividade no sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos.
Trátase de traballadores por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou de traballadores por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.
2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes
 - Xefe/a de oficina de axencia de viaxes.
– Xefe/a de departamento en axencia de viaxes.
– Axente de viaxes.
– Consultor/ora de viaxes.
– Organizador/ora de eventos.
– Vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas
– Promotor/ora comercial de viaxes e servizos turísticos.
- Empregado/a do departamento de reservas (“booking”)
 
Plan de estudos 
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas  Horas

6 módulos
MP0171 Estrutura do mercado turístico   8 133 960
MP0173 Márketing turístico   10 160
MP0179 Inglés   7 160
MP0383 Destinos turísticos   12 213
MP0384 Recursos turísticos   10 187
MP0401 Formación e orientación laboral   5 107

8 módulos
MP0172 Protocolo e relacións públicas   8 105 1040
MP0180 Segunda lingua estranxeira   7 157
MP0397 Xestión de produtos turísticos   6 105
MP0398 Venda de servizos turísticos   8 123
MP0399 Dirección de entidades de intermediarios turística   8 87
MP0402 Empresa e iniciativa emprendedora   4 53
MP0400 Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos   5 26
MP0403 Formación en centros de traballo   22 384
          2000  
Titulación Técnico Superior en Axencias de viaxes e xestión de eventos 
Acceso Estudos 1. O título de técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.