Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Viernes, 21 Septiembre 2018

CS - Producción de Audiovisuais e Espectáculos

  CSIMS01 Real Decreto 1681 2011 do 18 de novembro Decreto 78/2013, do 16 de maio 

 

PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS 

 

       
Familia Profesional Imaxe e Son  
Título  Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos  
 Duración  2000 horas  
Acceso Título universitario
Título de técnico superior ou técnico especialista
Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Ciencias e Técnoloxía)
Título de tecnico de grao medio / BUP /
Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente
Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos
Mediante proba a ciclo de grao superior  para maiores de 19 anos


 
Perfil Profesional 
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas.
a) Deducir as características formais e expresivas dos proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos, a partir da análise da súa documentación técnica, cumprindo os obxectivos previstos para a súa realización.
b) Desagregar os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para a produción de proxectos audiovisuais,  de espectáculos de eventos, determinandomprindo os bxectivos previstos para a súa realización.
c) Planificar a produción dos proxectos, establecendo as fases, optimizando tempos, recursos, custos e calidades, coa autonomía e a eficacia requiridas.
d) Calcular os custos de produción de proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos para realizar orzamentos, avaliando as formas e as fontes de financiamento idóneas segundo as características do proxecto, e contribuíndo á análise da súa viabilidade.
e) Xestionar a selección e a contratación dos recursos humanos, técnicos e artísticos, asegurando a súa idoneidade e a súa dispoñibilidade, nos tempos previstos no plan de traballo audiovisual ou no plan de comercialización e explotación do espectáculo ou evento.
f) Xestionar e organizar a dispoñibilidade e o aprovisionamento de recursos técnicos, materiais, espaciais e loxísticos, asegurando a subministración, a súa idoneidade e o seu funcionamento, e elaborando o programa de contratacións, compras, construción e alugamentos.
 g)Xestionar as actividades asociadas ao pechamento dos aspectos técnicos, loxísticos, administrativos, económicos e fiscais dos proxectos, organizando a documentación xerada durante o proceso de produción e realizando un balance final como base de optimización de proxectos futuros.
 
Postos de Traballo * As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no sector da produción de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios),así como na produción de espectáculos (artes escénicas,producións musicais e eventos).
*As ocupacións e postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Axudante de produción de cine. Axudante de produción de vídeo. Axudante de produción de televisión. Axudante de produción de animación. Axudante de produción de multimedia.
Axudante de produción de radio. Axudante de produción de espectáculos en vivo e eventos.
Xerente de compañía.
 
Plan de estudos 
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas  Horas

5 módulos
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos   12 187 960
MP0915 Planificación de proxectos audiovisuais   15 266
MP0918 Planificación de proxectos de espectáculos e eventos   11 213
MP0920 Recursos expresivos audiovisuais e escénicos   11 187
MP0923 Formación e orientación laboral   5 107

7 módulos
MP0916 Xestión de proxectos cine, video e multimedia   10 157 1040
MP0917 Xestión de proxectos de televisión e radio   7 140
MP0919 Xestión de proxectos espectáculos e eventos   7 105
MP0921 Administración e promoción audiovisuais e espectáculos   11 175
MP0924 Empresa e iniciativa emprendedora   4 53
MP0922 Proxecto produción audiovisuais e espectáculos    5 26
MP0925 Formación en Centros de Trabajo   22 384
      
Titulación Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos 
Acceso Estudos 1. O título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.