Miércoles, 19 Febrero 2020
   

 

 14/02/2020

Unha maior igualdade de xénero repercute de forma positiva na rendibilidade do sector turístico e faino mái sustentable e competitivo.

 

Dende o Departamento de Turismo presentouse a nova vestimenta  que lo alumnado levará nas diferentes actividades para visibilizar o noso logotipo e slogan “ Amarrando a igualdade”,  unha iniciativa máis que se suma  ás propostas no noso centro educativo.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 2019

26/11/2019

O salón de actos do CIFP A Farixa acolleu dentro do seu Plan de Igualdade e conmemorando o día contra a violencia de xénero a  charla-coloquio da profesora da UVigo e especialista en Estudos de Xénero Carmen Armada Olleros sobre as orixes das desigualdades de xénero.  A ponente, a través dun método filosófico, axeitado ao auditorio participante, e partindo do mito de Pandora, fixo un percorrido pola historia da filosofía e o pensamento filosófico que dende as súas orixes xustifica a invisibilidade da muller e a súa submisión ao longo do tempo. Este uso da filosofía deriva, de algún xeito, no fenómeno da violencia de xénero. 

 

   
    

 

 OBRADOIRO: A VER SE ME ACLARO... DICCIONARIO DE IGUALDADE

 19/12/2019

Consideramos fundamental para poder debater, reflexionar, intercambiar, coñecer, opinar con fundamento que para construir un mundo igualitario temos que aclarar certos conceptos xa que o feito de que os interpretemos dun ou doutro xeito nos predispón, nos limita, nos manipula, nos coacciona, nos fai crear estereotipos e actitudes favorables ou non ante determinadas realidades. Polo tanto este obradoiro consiste en traballar cas mozas e mozos certos conceptos que nos permitirán por unha banda palpar o prexuízos en torno á igualdade, debater sobre eles e por outra banda aclaralos para que a conceptualización destes termos xenere unha transformación de actitudes, conductas e accións.

Obxectivos:

  • Concienciar sobre a desigualdade en que se educa a mozos e mozas adestrando en técnicas para identificar estereotipos sexistas.

  • Motivar o cambio de crenzas e valores interiorizados sobre a base dunha falsa masculinidade/feminidade que pode xerar conflitos en nós e nós mesmos así como en relación co resto da sociedade.

  • Tomar conciencia do risco no que se atopan de exercer ou padecer malos tratos nas súas futuras relacións de parella a consecuencia do machismo que se segue interiorizando.

   

 

UNHA VIAXE (CURTA) POLO RUEIRO FEMININO DO CONCELLO

Someto a seguinte premisa á vosa consideración: igual que a nivel persoal construímos o mundo a partires da nosa percepción (egocentrismo), a nivel social desenvolvemos unha cultura que é unha representación dos nosos valores e modelos de sociedade. Se isto é así poderiamos colixir que a importancia que a sociedade lle outorga a un grupo ou mesmo a unha categoría ou aínda a un concepto queda reflectida na presenza, ou ausencia, de dita entidade nos diversos produtos culturais que emerxen da citada sociedade. Neste caso falamos da sociedade occidental.

Levemos isto á rúa, literalmente. Ao rueiro da cidade de Ourense.

Se consultamos os datos do INE podemos constatar que na cidade existen 1173 rúas, incluídas, prazas, carreiros, avenidas,... E só o 4% están adicadas a mulleres como se pode observar no gráfico que aparece ao lado. A relación entre nomes masculinos e femininos é moi desigual, pois fronte o citado 4% (46 rúas) con nome de mulleres, aparece un 23% (266 rúas) con nomes masculinos.
Se seguimos afondando nos nomes femininos descubrimos que a metade fan referencia a arquetipos femininos, no sentido junguiano, relacionados coa mitoloxía e a relixión (virxes, santas, deusas…).
Así, recapitulando, finalmente só aparecen 23 rúas, 2% do total, con nome de muller en todo o rueiro do concello de Ourense. Realmente ese é o impacto feminino na nosa historia? Coidamos que ese feito, esta relidade, necesita dunha fonda reflexión e unha aposta decidida por desenvolver accións que procuren unha igualdade efectiva.