Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Jueves, 18 Octubre 2018

Os ciclos de Producción e Turismo participarán un ano máis na ICCWeek

 

Actividade:  Os ciclos de Producción e Turismo participarán un ano máis na ICCWeek

 

Data:  27 de abril ao 5 de maio de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

O alumnado dos ciclos superiores de Produción de Audiovisuais e Espectáculos, Axencias de viaxes e xestión de eventos e de Guía, Información e Asistencia Turística colaborarán un ano máis coa organización do ICCWeek. O luns, 23 de abril, o salón de actos de CIFP A Farixa acolleu unha reunión para ultimar os detalles da sua participación entre os responsables de diferentes áreas do evento cultural e os alumnos implicados.

 

Como ven sendo habitual, os alumnos do CIFP A Farixa colaboran cos organizadores do evento cultural en tarefas relacionadas cos estudos que cursan en departamentos como comunicación, hospitalidade, dinamización de eventos, información, produción e instalacións técnicas de decorados, son ou vídeo, entre outros. Esta colaboración permite ao alumnado poñer en práctica o estudado nas aulas e vivir o evento desde a perspectiva da propia organización, extraendo unha experiencia certamente enriquecedora.

 

O ICCWeek é o evento cultural máis importante dos que se celebran na capital ourensá e conta cada ano coa presencia de recoñecidos profesionais das industrias culturais en disciplinas como o audiovisual, o deseño gráfico, a creación musical e videoxogos, entre outros. A iniciativa pretende ser un punto de encontro da comunidade creativa e se desenvolverá os días 2,3,4 e 5 de maio en diversos espazos da cidade. 

 

A partir deste venres xa contará cun punto de información ao final da rúa do Paseo con todas a novidades do evento no que o noso alumnado vos estará esperando!