Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Lunes, 10 Diciembre 2018

Festival de Cans

 

Actividade:  Alumnos de Producción participarán como meritorios no Festival de Cans

 

Data:  16 maio de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

Os alumnos do Ciclo Superior de Produccións de Audiovisuais e Espectáculos colaborarán coa organización da XV Edición do Festival de Cans, que homenaxeará entre o 23 e o 26 de maio ao audiovisual galego.  Como parte da súa formación como meritorios os alumnos realizaron unha viaxe na que coñeceron esta aldea do municipio de Porriño e aos seus veciños, tan involucrados no proxecto. Guiados por personal da organización, visitaron os lugares nos que desenvolverán as tarefas das que serán responsables durante os días do festival e concretaron aspectos relacionados coa producción do evento. Os alumnos realizarán tarefas relacionadas coa proxección de curtametraxes, xestión de espacios e actividades de cara ao público. Este fesitval inclúe, ademáis da proxección de proxectos audiovisuais de producción galega, outras actividades como concertos, espectáculos e actividades infantís, que se convirten nun reclamo para numeroso público, chyegando a xuntar ata máis de 10.000 persoas. 

 

Esta práctica se enmarca dentro da formación do alumnado do ciclo e supón unha excelente experiencia para coñecer de primera man a organización dun evento que é un referente a nivel estatal.

 

 

Letras Galegas 2018

 

 

Actividade:  Letras Galegas 2018

 

Data:  15 maio de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua queremos agradecer a todos os presentes no día de onte no salón de Actos do CIFP A Farixa o vosa asistencia ó Acto polo Día das Letras Galegas.

 

No acto desfrutamos de varias actuacións musicais a cargo de alumnos e profesores. Tocáronse pezas tales como O Son do Ar de Luar na Lubre, Quen puidera namorala de Luis Emilio Batallán, Fusco de Berrogüeto e Se Chove de Treixadura. Agradecemos a todos os alumnos e profesores que participaron nestas actuacións, xa que amenizaron o evento moito máis do esperado.

 

Tras a presentación da gala, contamos cun espazo informativo no que tivemos a oportunidad de entrevistar á filla de María Victoria, Begoña Llacer Moreno. Nesta entrevista puidemos coñecer de primera man aspectos da vida da autora. Dende o equipo de dinamización da Língua agradecemos encarecidamente a colaboración de Begoña que de seguro tivo que facer un esforzo nestes días nos que estivo tan solicitada polos diversos centros educativos

 

Ademais fíxose un concurso ó estilo de ¡Cesta e Puntos!, antigo concurso de preguntas e respostas da televisión no que profesores e alumnos competiron por demostrar os seus coñecementos acerca da vida de María Victoria Moreno. O concurso rematou cunha vitoria por parte do equipo de alumnas e alumnos.

 

Como xa sabedes, María Victoria Moreno Márquez é a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas neste ano 2018 pola súa contribución á literatura galega, fundamentalmente dirixida ós máis novos.

 

Este ano, a Real Academia tiña cinco figuras literarias, como Ricardo Carballo Calero, entre outros, que optaban ó día das Letras Galegas. A incógnita de quén sería a persoa elixida mantívose despois dun pleno dos académicos que se demorou máis do previsto.

 

Para terminar, como acto de evocación da identidade de Galicia, o entregado público entoou o Himno Galego que foi cantado por todos os asistentes postos en pé.

 

As actividades para a celebración das Letras Galegas no CIFP A Farixa estiveron organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua, o Equipo de Biblioteca e os Departamentos de Produción e Turismo ós que agradecemos encarecidamente a súa participación, así como a todos aqueles que directa ou indirectamente participaron no desenvolvemento da gala.

 

¡Parabéns a todos polo traballo realizado nesta fermosa actividade!

 

 

Visita a Instalaciones de Telecomunicaciones de Monte Meda

 

 

Actividade:  Visita instalaciones Telecomunicación Monte Meda

 

Data:  22 de febrero de 2018

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

Enmarcada en las actividades programadas por el Departamento de Electricidad y Electrónica, se realizó la visita al centro telecomunicaciones de Meda, situado en el alto del Rodicio en Ourense, del alumnado de los 2º cursos de los ciclos de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos, de Instalaciones de Telecomunicaciones, de Mantenimiento Electrónico y de 1º de Mantenimiento Electrónico coordinados por los profesores Angel Benito Álvarez y Flora Quintairos.

Este centro distribuye señal para toda la provincia de servicios que conforman el canal de TVE, tanto TDT como radio. Se visitó centro de transmisión, alimentación y antenas.

Electronica, 

Centro Reemisor Barbadás

 

 

Actividade:  Centro Reemisor de Barbadás

 

Data:  7 xuño de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

 

Visita ó Centro Emisor Ourense (Reemisor de Barbadás), xestionado por Cellnex Telecom, S.A. , por alumnos de  do Ciclo formativo de Instalación de Telecomunicacións enmarcada como actividade complementaria do Módulo Profesional de Instalacións de Radiocomunicacións.

 

 

O Entroido no noso centro

 

Actividade:  O Entroido no noso centro

 

Data:  9 de febrero de 2018

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

Xa está o Entroido no noso centro!

Achegamos as tradicións máis importantes da nosa comunidade e da nosa provincia de Ourense ó noso alumnado.

O Entroido é a entrada e comezo nunha nova estación, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e cambios de roles.

Tivemos a sorte de contar ca colaboración do alumnado que trouxo as máscaras maís representativas da nosa provincia; Cigarrón ( Verín), Pantalla( Xinzo),e Felo (Maceda).

A comida, no Entroido é un momento de abundancia na mesa, e por iso o alumnado e o centro colaboraron con postres de Entroido os primeiros e chocolate quente o segundo.

A música en vivo, gracias ó grupo Connectica!

A participación no concurso de disfraces foi un éxito!.

Todo gracias a motivación e implicación dos alumnos que organizaron, ciclos da familia profesional de Imaxe e Son, e do resto da comunidade educativa que ca súa presencia, disfraces e bailes fixeron desta experiencia un aprendizaxe baseado no respeto mutuo, relación empática, implicación e participación .

Feliz Entroido!