Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Miércoles, 21 Agosto 2019

 

 

Actividade:  Visita a AIXIÑA

 

Data:  16 novembro 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dentro das actividades programadas polo departamento de Actividades Físicas e Deportivas os alumnos do ciclo de TAFAD participaron nunha clase que se desenvolveu en AIXIÑA

 
 
 

 

 

Actividade:  CIFP Carlos Oroza

 

Data:  20 novembro 2018

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

O CIFP A Farixa en colaboración co CIFP Carlos Oroza tiveron unha xornada didáctica no día de onte, en Pontevedra.

 

Os alumnos de 2º de Guía, Información e Asistencia Turística e os de Axencias de Viaxes e Organización de Eventos visitaron a Deputación Provincial de Pontevedra da man do responsable de protocolo, posteriormente foron recibidos no CIFP Carlos Oroza para participar nun taller técnico englobado dentro do protocolo Social, a continuación degustaron un xantar nas mesmas instalacións intercambiando experiencias cos compañeiros de dito centro.

 

Para rematar participaron nunha visita guiada pola cidade de Pontevedra realizada por los alumnos do Ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística do CIFP Carlos Oroza acompañados pola súa profesora Tina Otero.

 

Esta visita didáctica está englobada na programación dos módulos de Protocolo e Relacións Públicas e o de Procesos de Guía e Asistencia Turística.

 

 
 

 

 

 

Actividade:  diputación Provincial Ourense

 

Data:  14 xaneiro 2019

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

Los alumnos del CIFP A Farixa de  segundo curso de los Ciclos Superiores de Guía,Información y Asistencia Turística, y de Agencias de Viajes y Gestión de Eventos, visitaron la Diputación Provincial de Ourense donde fueron recibidos por su presidente, Manuel Baltar. 

 

La visita comenzó en el despacho de Presidencia y continuó en el Salón de Plenos del Pazo Provincial, donde llevaron a cabo una sesión plenaria en la que el presidente de la institución provincial les explicó el funcionamiento de la administración provincial, tanto de su sede provincial como de los otros centros dependientes de la misma. Todo ello enmarcado en el módulo de Protocolo y Relaciones Públicas impartido por la profesora, Belén Gómez Quevedo.
 
Posteriormente la técnico del Inorde, Begoña Cádiz les impartió una charla sobre la provincia de Ourense y su interés turístico en el Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
 
 

 

 

Actividade:  Teatro para dar a benvida ao Nadal no CIFP A Farixa     -    Data:  5 decembro 2018       -         Galería de imaxes                              

     

 

  • O salón de actos do centro acolleu, este mércores 5 de decembro, tres pequenas pezas teatrais que se serviron do conto clásico de Charles Dickens para facer un repaso á actualidade

 

  • Os alumnos de 2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos e 2º de Videodj e Son produciron as obras coas que traballan dun xeito práctico contidos transversais de ambos ciclos

 

  • Os asistentes desfrutaron do espírito do Nadal sacándose fotos nun Photocall especialmente preparado para a ocasión

 

 

Ourense 5 de decembro. O CIFP A Farixa acolleu este mércores, 5 de decembro, unha representación teatral baseada no clásico conto de Nadal de Charles Dickens. Os alumnos de segundo ano de Produción de Audiovisuais e Espectáculos máis os de 2º Videodj e Son ofreceron a súa particular revisión actualizada do clásico. A produción do espectáculo correu a cargo de tres grupos, cada un deles cunha proposta baseada nunha das épocas do conto orixinal, pasado, presente, futuro.

 

A representación forma parte dunha práctica conxunta do módulo de Xestión de Proxectos de Espectáculos e Eventos do ciclo de Produción e de Animación Visual en Vivo do ciclo de Videodj, englobando deste xeito aspectos transversais de ambos estudos xa que os alumnos teñen que xestionar contidos artísticos de guión, ambientación sonora e iluminación teatral, entre outros. Pero ademais, coa posta en escena, traballan conceptos relacionados coa execución técnica, promoción e comunicación do evento.

 

Este espectáculo é o resultado do traballo realizado polos alumnos durante a primeira avaliación. Cada unha delas é independente da anterior e contan cun narrador que fará de guía para o público a través do tempo dramático.

 

Os tres espazos temporais que aparecen en cada unha das pezas son o pasado, o presente e máis o futuro. Cada equipo buscou conseguir unha adaptación actual sobre o clásico de Dickens inspirándose en situación cotiás. Unha consulta de psicoloxía, un despacho e máis unha casa familiar ambientaron estas particulares representacións.

 

Na obra ambientada no pasado, compartimos cun home que visita unha consulta psicolóxica os seus traumas persoais relacionados co Nadal. O representación do presente fai un guiño á figura do momento no panorama galego, o alcalde de Vigo, no seu periplo por conseguir apoios para encher Vigo de luces este Nadal. Por último unha familia invoca ao alcalde no futuro, provocando unha situación de perigo para eles mesmos, para a cidade e para toda Galicia.

 

Ademais das representacións e coa intención de favorecer o ambiente de Nadal, os alumnos dispuxeron un photocall no que todos os convidados puideron facerse fotografías e desfrutar do espírito destas festas.

 
 
 

 

 

 

Actividade:  Centro Interpretación San Cibrao de Lás - San Amaro

 

Data:  16 xaneiro 2019

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

Hoxe o alumnado de primeiro dos dos Ciclos de Turismo se desplazaron a San Amaro para coñecer un dos asentamentos Castrexos mais extensos de Galicia, o de San Cibrao de Làs.

 

Os técnicos do Centro de Interpretación explicaron a través dos recursos dos que dispoñen, o xeito de vida e as costumes dos periodos da Idade de Ferro e posteriores.
 
 
No precorrido polo Castro descubríronse as rúas da cidade, as dependencias que posuían as vivendas e a zona destinada a rezos e ritos.
 
 
Ademàis o alumnado foi capaz de facer lume cos mesmos utensilios dos que dispoñían na época, experimentando a satisfacción de saber que con técnica serían capaces de quecer e alimentarse sen as facilidades do mundo moderno.
 
 
Con esta divertida saída compretan os seus coñecementos dunha parte do módulo de Recursos Turísticos.