Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Miércoles, 21 Agosto 2019

    

Actividade:  A Dj Cora Nova

 

 

 

 

 

Cora Novoa descubriu os segredos da industria musical actual aos alumnos do CIFP A Farixa
- Esta é a 5ª edición de ‘Cultura en Produción’, unha iniciativa que achega a estudantes exemplos de emprendemento do sector audiovisual.
- Neste encontró, A Dj ourensá repasou a súa traxectoria profesional e abordou as novas tendencias e cambios recentes da industria musical. 
- A seguinte e última cita deste ciclo será o vindeiro venres 15 de decembro cunha charla sobre a industria musical que inclúe unha sesión en vivo.

 

CIFP A Farixa acolleu unha xornada didáctica coa Dj Cora Novoa. A recoñecida compositora e Dj ourensana e fundadora da firma discográfica ‘SEEKING THE VELVET’, expúxolle aos alumnos a súa traxectoria, e falou da situación do sector da música actual, desde a perspectiva da súa experiencia personal e profesional.

Cora Novoa fixo unha serie de recomendacións, entre as que destacou a importancia de formarse profesionalmente con estudos coma os que se imparten neste centro. A artista animou aos rapaces a emprender e afrontar proxectos sen medo a equivocarse, porque insistiu: “confundirse forma parte da aprendizaxe”.

Este encontro enmárcase dentro da 5ª edición das charlas ‘Cultura en Produción’, un evento promovido polos alumnos do ciclo superior deProdución de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa. Dita iniciativa nace do compromiso do centro por dar a coñecer a novos talentos do audiovisual e co firme propósito de complementar a formación do estudantado, explorando de primeira man e, dunha forma didáctica e amena, diferentes opcións de éxito na actualidade.

A seguinte e última cita desta edición será o vindeiro venres día 15, ás 12:30 no salón de actos do centro. Nesta ocasión na cal se celebrará unha mesa redonda na que participarán expertos do sector musical para analizar as novas tendencias. Ademais, a xornada inclúe unha sesión en directo. Visitarán o centro os especialistas Iago Rilo (MaislumeKolektive), Toni Cortés (North PatrolSoundsystem), Pablo Macías (Skank-Fu Hi-Fi) e Javier Vicalo (The Dub Yard).