Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Domingo, 24 Junio 2018

Víctor Grande explica no CIFP A Farixa o humor como recurso para producir mellor

 

Actividade:  Víctor Grande explica no CIFP A Farixa o humor como recurso para producir mellor

 

Data:  26 de abril de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

AVíctor Grande achegouse ata o CIFP A Farixa para compartir cos alumnos dos ciclos de Videodj e Son e Producción de Audiovisuais e Espectáculos a súa experiencia no sector audiovisual. O actor, que tamén ten coñecementos en producción, fixo gala do seu humor nunha charla na que lles deu aos alumnos varios consellos para que poñan en práctica na súa vida profesional e á hora de desenvolver os seus proxectos audiovisuais. O traballo de Víctor Grande ven de ser recoñecido cun premio Mestre Mateo á mellor web serie por 'Galicia Crime', da que é director e guionista.

 

Esta charla forma parte dun proxecto do alumnado de 1º de producción que inclúe ademáis, un obradoiro de improvisación teatral e un espectáculo.

 

 

Os ciclos de Producción e Turismo participarán un ano máis na ICCWeek

 

Actividade:  Os ciclos de Producción e Turismo participarán un ano máis na ICCWeek

 

Data:  27 de abril ao 5 de maio de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

O alumnado dos ciclos superiores de Produción de Audiovisuais e Espectáculos, Axencias de viaxes e xestión de eventos e de Guía, Información e Asistencia Turística colaborarán un ano máis coa organización do ICCWeek. O luns, 23 de abril, o salón de actos de CIFP A Farixa acolleu unha reunión para ultimar os detalles da sua participación entre os responsables de diferentes áreas do evento cultural e os alumnos implicados.

 

Como ven sendo habitual, os alumnos do CIFP A Farixa colaboran cos organizadores do evento cultural en tarefas relacionadas cos estudos que cursan en departamentos como comunicación, hospitalidade, dinamización de eventos, información, produción e instalacións técnicas de decorados, son ou vídeo, entre outros. Esta colaboración permite ao alumnado poñer en práctica o estudado nas aulas e vivir o evento desde a perspectiva da propia organización, extraendo unha experiencia certamente enriquecedora.

 

O ICCWeek é o evento cultural máis importante dos que se celebran na capital ourensá e conta cada ano coa presencia de recoñecidos profesionais das industrias culturais en disciplinas como o audiovisual, o deseño gráfico, a creación musical e videoxogos, entre outros. A iniciativa pretende ser un punto de encontro da comunidade creativa e se desenvolverá os días 2,3,4 e 5 de maio en diversos espazos da cidade. 

 

A partir deste venres xa contará cun punto de información ao final da rúa do Paseo con todas a novidades do evento no que o noso alumnado vos estará esperando!

 

 

Visita a Instalaciones de Telecomunicaciones de Monte Meda

 

 

Actividade:  Visita instalaciones Telecomunicación Monte Meda

 

Data:  22 de febrero de 2018

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

Enmarcada en las actividades programadas por el Departamento de Electricidad y Electrónica, se realizó la visita al centro telecomunicaciones de Meda, situado en el alto del Rodicio en Ourense, del alumnado de los 2º cursos de los ciclos de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos, de Instalaciones de Telecomunicaciones, de Mantenimiento Electrónico y de 1º de Mantenimiento Electrónico coordinados por los profesores Angel Benito Álvarez y Flora Quintairos.

Este centro distribuye señal para toda la provincia de servicios que conforman el canal de TVE, tanto TDT como radio. Se visitó centro de transmisión, alimentación y antenas.

Electronica, 

Congreso FP Innova

 

Actividade:  Congreso FP Innova

 

Data:  25 de abril de 2018

 

Galería de Imaxes

 

 

O CIFP A Farixa visitou o pasado mércores, 25 de abril, a terceira edición do congreso FP Innova, organizado pola Consellería de Educación na Cidade da Cultura.

 

O alumnado do centro puido coñecer de primeira man todo tipo de proxectos de innovación tecnolóxica e empresas promovidas por rapazas e rapaces que, coma eles, escolleron a Formación Profesional coma vía de futuro.
 
 
Entre as iniciativas que máis lles chamaron a atención figuran as relacionadas coa impresión 3D, os drons, as artes gráficas e a realidade aumentada.
 
Tamén puideron asistir á entrevista que o alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña lle fixo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa visita ao congreso.
 

 

 

O Entroido no noso centro

 

Actividade:  O Entroido no noso centro

 

Data:  9 de febrero de 2018

 

Galería de imaxes

 

 

 

 

Xa está o Entroido no noso centro!

Achegamos as tradicións máis importantes da nosa comunidade e da nosa provincia de Ourense ó noso alumnado.

O Entroido é a entrada e comezo nunha nova estación, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e cambios de roles.

Tivemos a sorte de contar ca colaboración do alumnado que trouxo as máscaras maís representativas da nosa provincia; Cigarrón ( Verín), Pantalla( Xinzo),e Felo (Maceda).

A comida, no Entroido é un momento de abundancia na mesa, e por iso o alumnado e o centro colaboraron con postres de Entroido os primeiros e chocolate quente o segundo.

A música en vivo, gracias ó grupo Connectica!

A participación no concurso de disfraces foi un éxito!.

Todo gracias a motivación e implicación dos alumnos que organizaron, ciclos da familia profesional de Imaxe e Son, e do resto da comunidade educativa que ca súa presencia, disfraces e bailes fixeron desta experiencia un aprendizaxe baseado no respeto mutuo, relación empática, implicación e participación .

Feliz Entroido!