Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8267506
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
108
364
2941
8267506

Su IP: 54.146.50.80
Server Time: 2017-11-19 09:43:38

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

III Jornadas de Turismo

A Farixa acolleu a  terceira edición das Xornadas de Orientación Profesional no ámbito do Turismo con mais de 160 participantes de Santiago, Vigo e Ourense

* Nortempo e Hotusa mantiveron encontros con candidatos á selección de persoal para incorporarse a iniciativas turísticas de ámbalas duas empresas
*A iniciativa inaugurou o novo salón de actos do centro educativo ourensán

O Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa acolleu a terceira edición das Xornadas de Orientación Profesional no ámbito do Turismo, organizadas polo CIFP Manuel Antonio e o IES Vilamarin coa colaboración do noso centro, que se desenvolveu ó longo de todo o día. Pola mañán interviron destacados expertos no mercado laboral e, nomeadamente, no sector turístico, en tanto que pola tarde foron profesionais do sector, formados en centros de Formación Profesional os que aportaron a sua experiencia. O acto formal da inauguración correu a cargo da subdirectora xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández, xunto co vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. A directora xeral, ademais de felicitar a participantes e ponentes, salientou o valor destas xornadas e da propia FP como canal formador para acceder á especialización profesional que facilite a integración no mercado laboral. Destacou tamén os viveiros de emprego dos que dispoñen algún centros de FP –unha vintena en toda Galicia-, como fórmula para axudar a pór en marcha proxectos de emprendimento.

Nas Xornadas tomaron mais de 160 sesenta participantes que abarrotaron o novo salón de actos de A Farixa, recentemente construido, e que acolleu hoxe o seu primeiro acto oficial. Os alumnos procedían do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, de Santiago; do Manuel Antonio de Vigo, do IES de Vilamarín e do propio centro anfitrión.

Como ponentes participaron Edfuardo Adán, director territorial de Nortempo en Galicia, quen falou sobre a detección de oportunidades; Xavier Martín, CEO & General Manager de Turijobs, que interviú vía skype; Óscar Fontán, director de Operacións de OCA Hoteles en Galicia, que disertou sobre “Falando en clave galega”W; Alba Fontán, Head of Contracting Hotusa; Santiago Vázquez, Tour operador internacional de Politours, que falou de “A experiencia é un grao”.

A xornada vespertina estivo adicada ao relato de experiencias profesionais a cargo de xente que se formou na FP. Baixo o título xenérico “Onte alumnos, hoxe profesionais”, falaron Isabel González, guía acompañante por Europa; Patricia Campos, do Hotel Bahía de Vigo; Constantino González, Grand Oca Maragogi Resort; Laura Pérez Rodríguez, do Hotel Miño, de Ourense; Paula Nóvoa, da Central de Reservas de Hotusa, e María Fernández, de Halcón Viajes. Ademáis houbo unha proxección de videos de Lara Fernández Alonso, que está traballando en Italia; Alba Castiñeira Mouzo, do Holiday inn Hamburgo, e Alfonso Leal do Centro de visitantes Giant’s Causeay. Para pór fin á xornada actuou como artista convidado el autor y actor Agustín Leirós.

Galería de imágenes