Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8268759
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
447
527
974
8268759

Su IP: 54.161.3.96
Server Time: 2017-11-21 23:42:28

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

BTL LISBOA 2017

Encadrada como unha máis das actividades do alumnado de Turismo, un total de 39 alumnos pertencentes aos primeiros e segundos cursos de Guía e Información Turística e de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos realizaron esta actividade que consistiu na asistencia á Bolsa de Turismo de Lisboa, feira profesional do sector turístico que se realiza na capital portuguesa durante os días 16 e 17 de Marzo do presente curso escolar.

A BTL, con máis de 75.000 visitantes, 42 destinos e máis de 1200 empresas  é unha feira destinada a profesionais ligados ao sector do turismo, que serve de punto de encontro entre profesionais do sector así como lugar de análise das tendencias dos mercados turísticos.

Para o alumnado de turismo serviu como unha oportunidade de coñecer novos destinos, solucións tecnolóxicas, e tamén para comparar propostas no ámbito do turismo. Todo isto levase a cabo nas instalacións da FIL, nun ambiente espectacular de festa, cor e alegría, donde a música e a gastronomía. Conferencias, workshops ou demostracións foros algunhas das actividades que se puideron levar a cabo durante o transcurso da feira.

Ademais de visitar a feira, tamén quedou tempo para visitar algún dos lugares máis emblemáticos da cidade de Lisboa, como foron o Monasterio de los Jerónimos, a Torre de Belem o
Monumento dos Descubrimentos e degustar os famosos Pasteis de Belem.

Xa na zona máis céntrica da cidade, tiveron acceso as magníficas vistas de toda a cidade dende o mirador natural que constitúe o Castelo de Sao Jorge, fortificación do Século XI que foi transformada en Palacio Real polo s reis no Século XIII. Hasta o Século XVI foi utilizado como lugar de recepción para autoridades e persoaxes ilustres tanto portuguesas como foráneas. Actualmente ten un uso eminentemente turístico no ademais da propia visita realízanse diversas actividades e espectáculos.

Outros lugares dos que puideron disfrutar foi do ambiente nocturno do Barrio Alto e saborear a variada gastronomía que ofrece un dos lugares máis visitados da cidade como é o Timeout Market Lisboa  , lugar de visita obrigada para os amantes da gastronomía e do bo comer. 

Galería de imáxenes