Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8280814
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
101
250
2727
8280814

Su IP: 54.91.171.137
Server Time: 2017-12-17 01:36:53

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

Visita á Feira CONCRETA 2017

O alumnado dos ciclos superiores de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e os de Proxectos de Edificación , e os alumnos dos ciclos medios de Obras de interior, decoración e rehabilitación, tiveron a oportunidade de visitar a 28ª edición da feira “CONCRETA” na cidade de Oporto.

CONCRETA é unha feira de construción, reabilitación, arquitectura e design que pretende promover as novas tendencias e impulsar as referidas áreas tanto no ámbito nacional coma internacional. Esta feira presenta sempre as novas tecnoloxías, últimas técnicas e novedosos materiais, facendo moi atractiva a súa visita para os profesionais do sector.

Nesta feira profesional os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer as novidades do sector, observar as novas tendencias, ver prezos reais de produtos e pórse en contacto con empresas do noso pais veciño.

Ademais de visitar a feira, os alumnos tiveron tempo para visitar a cidade de Oporto, coñecendo un pouco máis o seu patrimonio cultural e lugares emblemáticos, como a Catedral, a Estación de São Bento, Ponte Luis I, Mercado de Bolhão, Torre e Iglesia dos Clérigos, Librería Lello, zona das bodegas, rúas empinadas, escadas, tranvías, pontes e incluso barcos que os cruzaron ao outro lado do río Douro.

Algúns aproveitaron tamén para coñecer o ambiente nocturno da cidade de Oporto, coñecer xente, aprender algo máis do idioma portugués e da cultura deste pais.

Con todo, unha experiencia moi enriquecedora tanto dende o punto de vista profesional e cultural coma persoal.

Galería de imaxes