Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8296924
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
87
550
637
8296924

Su IP: 54.226.179.247
Server Time: 2018-01-23 08:33:56

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

Xornada de Cultura en Producción



O CIFP a Farixa comeza as xornadas de Cultura en Producción cunha charla do especialista Óscar Franco

 
-A vindeira cita destas charlas terá lugar o día 11 de decembro coa visita da compositora e DJ Ourensá Cora Novoa.
 

O CIFP A Farixa acolleu,  no seu Salón de Actos, unha xornada didáctica co especialista de acción en cine Óscar Franco Rouco, como comezo da 5ª edición do ciclo ‘Cultura en Producción’
 
Óscar Franco compartiu cos alumnos do centro algúns dos aspectos máis importantes que deben coñecer sobre o sector. Por exemplo, falou da similitude que existe entre o traballo de produción e o traballo dos especialistas, xente que, por moi desagradecido que sexa o seu traballo, compoñen algunhas das partes máis esenciais á hora dunha rodaxe, reivindicando así, as tarefas que realizarán os alumnos nun futuro.
 
Tamén, abarcou puntos máis concretos das producións como o traballo e a planificación que leva detrás cada escea, a preparación necesaria para realizar dito traballo, ou como, a nova narrativa audiovisual española, cada vez demanda máis acción e máis xente especializada dadas as elevadas espectativas que comezan a ter as nosas producións.
 
En canto a súa experiencia, Óscar Franco achegou aos alumnos unha visión interior do mundo laboral, e aclarou cales eran as cualidades necesarias para formar un equipo bo e eficaz co que sentirse cómodo. Ademáis, animou a todos os alumnos a que se formen e traballen duro de cara a desenvolver tanto proxectos por conta allea, como os seus propios. En definitiva, aconsellou ao alumnado que confíen sempre nas súas posiblidades de éxito, ''se non crees en ti, ninguén o fará por ti.''

Galería de imaxes

                                                                            
Por último, Óscar, amosou a súa faceta máis emprendedora, xa que ven de crear a súa propia escola de especialistas ‘’Galaico Stunt’’, unha aposta persoal por reivindicar un traballo que require un gran esforzo físico e mental e que, na maioría das ocasións, pasa desparcecibo para o espectador, a pesar de que no cine actual as esceas de acción son case un requisito fundamental.
 
O ciclo Cultura en Producción continúa cunha nova cita o vindeiro luns 11 de decembro, cunha xornada dedicada á cultura dos videodisckjoquey (vdj’s). Nesta ocasión á invitada é Cora Novoa, prestixiosa dj e compositora ourensá, fundadora dunha firma discofráfica (Seeking The Velvet) e actualmente residente en Londres. Cora intercambiará opinións cos alumnos e abordará desde un punto de vista didáctico a súa visión da industria musical actual, enormemente ligada, ao sector audiovisual. 
 
A última das charlas celebrarase o 15 de decembro, cunha mesa redonda na que varios especialistas involucrados ca cultura Dub e Reggae analizarán a situación da industria musical actual.
 
As xornadas Cultura en Producción, promovidas polo centro e organizadas polos alumnos de 2º do Ciclo Superior de Producción en Audiovisuais, Radio e Espectáculos, pretenden dar a coñecer ao alumnado e ao público en xeral, as novas tendencias da industria audiovisual, a través das achegas de expertos en diferentes eidos do sector. A iniciativa nace do compromiso do centro por dar a coñecer novos talentos do audiovisual e co firme propósito de complementar a formación do estudantado, explorando de primeira man e, dunha forma didáctica e amena, diferentes opcións que amplían a súa perspectiva formativa.