Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8296925
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
88
550
638
8296925

Su IP: 54.226.179.247
Server Time: 2018-01-23 08:34:16

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

A Dj Cora Nova no CIFP A Farixa

Cora Novoa descubriu os segredos da industria musical actual aos alumnos do CIFP A Farixa
- Esta é a 5ª edición de ‘Cultura en Produción’, unha iniciativa que achega a estudantes exemplos de emprendemento do sector audiovisual.
- Neste encontró, A Dj ourensá repasou a súa traxectoria profesional e abordou as novas tendencias e cambios recentes da industria musical.
- A seguinte e última cita deste ciclo será o vindeiro venres 15 de decembro cunha charla sobre a industria musical que inclúe unha sesión en vivo.

 O CIFP A Farixa acolleu unha xornada didáctica coa Dj Cora Novoa. A recoñecida compositora e Dj ourensana e fundadora da firma discográfica ‘SEEKING THE VELVET’, expúxolle aos alumnos a súa traxectoria, e falou da situación do sector da música actual, desde a perspectiva da súa experiencia personal e profesional.

Cora Novoa fixo unha serie de recomendacións, entre as que destacou a importancia de formarse profesionalmente con estudos coma os que se imparten neste centro. A artista animou aos rapaces a emprender e afrontar proxectos sen medo a equivocarse, porque insistiu: “confundirse forma parte da aprendizaxe”.

Este encontro enmárcase dentro da 5ª edición das charlas ‘Cultura en Produción’, un evento promovido polos alumnos do ciclo superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa. Dita iniciativa nace do compromiso do centro por dar a coñecer a novos talentos do audiovisual e co firme propósito de complementar a formación do estudantado, explorando de primeira man e, dunha forma didáctica e amena, diferentes opcións de éxito na actualidade.

A seguinte e última cita desta edición será o vindeiro venres día 15, ás 12:30 no salón de actos do centro. Nesta ocasión na cal se celebrará unha mesa redonda na que participarán expertos do sector musical para analizar as novas tendencias. Ademais, a xornada inclúe unha sesión en directo. Visitarán o centro os especialistas Iago Rilo (MaislumeKolektive), Toni Cortés (North PatrolSoundsystem), Pablo Macías (Skank-Fu Hi-Fi) e Javier Vicalo (The Dub Yard).