Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8296923
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
86
550
636
8296923

Su IP: 54.226.179.247
Server Time: 2018-01-23 08:33:35

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

O CIFP A Farixa despide o ciclo ‘Cultura en producción’ cunha sesión de Live Dub'

A cita, de entrada libre, tivo lugar no salón de actos do CIFP A Farixa  e nela participaron catro expertos que abordaron diversos aspectos da organización de eventos e o son na cultura Reggae
 
Na charla participaron profesionais de Maislume Koletive, Javier Vicalo, Black Sheep Records e North Patrol Soundsystem e incluíu como parte da mesma un Live Dub, unha sesión de mezcla en vivo
 
Esta foi a última das actividades da 5ª edición das xornadas ‘Cultura en Producción’ que achegan aos estudantes e público en xeral, os testemuños de expertos en diferentes sectores do audiovisual
           
 O CIFP A Farixa, acolleu este venres, 15 de decembro, unha xornada didáctica dedicada á Cultura Reggae e que incluíu unha Live Dub, unha sesión de mezcla en directo. Os alumnos coñeceron a perspectiva que sobre a industria musical teñen expertos da materia como MAISLUME KOLETIVE, JAVIER VICALO, BLACK SHEEP RECORDS e NORTH PATROL SOUNDSYSTEM. Os ponentes fixeron un repaso á historia deste estilo musical, a súa implicación social e o seu cariz colectivo. Tamén abordaron outros temas como os dereitos de autor da música, a contratación de artistas, a organización de eventos e todo os procesos a seguir para acadar o éxito. O público asistente gozou de vídeos de creación propia que serviron para ilustrar os diferentes aspectos tratados.  A charla incluíu unha demostración en vivo que correu a cargo de Javier Vícalo, o que permitíu aos asistentes coñecer de preto os segredos dunha sesión de mezclas.

Con este encontro pónse fin á 5ª edición do ciclo ‘Cultura en Producción’, unhas xornadas promovidas polo centro e organizadas polos alumnos de 2º do ciclo superior de Producción en Audiovisuais e Espectáculos, que pretenden dar a coñecer ao alumnado e ao público en xeral, as novas tendencias da industria audiovisual, a través das achegas dos representantes en diferentes eidos do sector. A iniciativa nace​do compromiso do centro por dar a coñecer novos talentos do audiovisual e co firme propósito de complementar a formación do estudantado, explorando de primeira man e dunha forma didáctica e amena diferentes opcións que amplían a súa perspectiva formativa.
 
Na cita, que contou co apoio de Bodegas D’Berna, una coperativa valdeorresa que se animou a patrocinar este evento de cultura en producción, contou coa participación de :
 
●     Yago Rilo : En representación de Maislume Kolective, dedicándose a expandir a cultura reggae Soundsystem, organizando os eventos máis importantes neste mundo e axudando ó auxe que está experimentando este xénero en Galicia nestes tempos.
 
●       Daniel Pedrosa ‘’Pabuko’’ : En representación de Black Sheep Records, un productor musical que acaba de abrir o seu propio sello co fin de apoiar os novos proxectos emerxentes.
 
●  JAVIER VICALO: Tras moitos anos nos escenarios, tocando en ‘’Zamaramandi’’ ou ‘’Atlantic Force Band’’, e facendo de banda de apoio a grandes artistas xamaicanos como Vivian Jones o Mo’ Kalamity con Elephants Yard, actualmente segue producindo novas obras no seu estudio The Dub Yard (Vigo)
 
●       Toni Cortés: En representación de Noth Patrol Soundsystem, que pasa de ser fotógrafo a crear o colectivo ‘’North Patrol SoundSystem’’ en Ourense, ademáis de ser o organizador do primer meeting de Soundsystem galegas con ‘’El Dub de los Muchachos’’