Nuestras Actividades

  • portadajornadasturismo17.jpg
  • portadaletragalegas17.jpg
  • portadalisboa2017.jpg
  • portadamonitornatacion.jpg
  • portadapresentacionmovilidades17.jpg
  • portadarafting2017.jpg
  • portadavisitatecnopoli.jpg

Emprendimiento - Viveros

mod-vivero

Visitas

8267552
Hoy
Ayer
Esta Semana
Totales
154
364
2987
8267552

Su IP: 54.146.50.80
Server Time: 2017-11-19 09:48:37

Actividades de Biblioteca

Síguenos en ...

Plan de Acreditación da Experiencia Laboral. Oferta de servicios

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe. Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos. 
O Departamento de Información e Orientación Profesional actúa como servizo aberto e permanente para facilitar información e orientación sobre o procedemento a todas as persoas que a soliciten. O orientador desenvolverá as seguintes funcións:
  • Informar sobre o proceso de avaliación e recoñecemento das competencias profesionais para que se poida seguir adecuadamente, e tamén sobre a formalización e a presentación da documentación pertinente.
  • Elaborar un plan de formación cando sexa necesario para as persoas candidatas aos procedementos abertos no Centro, onde se farán constar segundo proceda: 
    • As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para que poidan acreditar en convocatorias posteriores as unidades de competencia das que solicitaran a súa acreditación. 
    • As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para completar a formación conducente á obtención dun título de formación profesional ou certificado de profesionalidade relacionado con elas. 
En Ourense, a 10 de xaneiro de 2012 
O Orientador Xefe do Departamento de Información e Orientación Profesional.