Lunes, 16 Diciembre 2019

                                                                                                                                                   Presentación

O Centro Integrado de Formación Profesional "A Farixa" foi inaugurado no ano 1981 como centro de Formación Profesional para as especialidades de Electrónica de Comunicacións, Equipos de Informática e Delineación de Edificios e Obras, dos estudos da Lei de Educación de 1970, impartindo os dous niveis para a obtención dos títulos de Técnico Auxiliar ( FPI) e Técnico Especialista ( FPII).

 

 

A pesar da súa curta vida, a evolución foi constante como o demostra o ser o único centro da capital ourensá que se acolleu voluntariamente á implantación anticipada do Ensino Secundario Obrigatorio no ano 1992, completando máis tarde todo o ciclo de LOGSE coa impartición dos tres tipos de Bacharelato: Científico-Técnico, Ciencias da Natureza e Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais. No seu momento tamén foi o primeiro centro en impartir ensinos dos ciclos formativos, comezando coa familia profesional de Electricidade e Electrónica, con ciclos de grao medio e superior, mellorando ata o momento a súa oferta coas familias de Edificación e Obra Civil e Hostalería e Turismo, como se pode apreciar na súa oferta educativa

 

 

No curso académico 2006-07 pasa a denominarse CIFP A Farixa por transformación do IES A Farixa, segundo regúlase no Decreto 154/2006, no seu Anexo I.

 

 

Na actualidade completou a súa oferta educativa coas familias profesionais de Imaxe e Son (Ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos e Vídeo Disc- jokey ey Son), Enerxía e Auga (Ciclo de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica), de Actividades Físico Deportivas (Ciclos de Ensino e Animación sociodeportivas, Futbol Salga Grao medio e superior) e a ampliación das xa existentes cos ciclos de Proxectos de Obra Civil E Obras de interior, decoración e rehabilitación (Familia Edificación e Obra Civíl), Automatización e Robótica Industrial (Familia de Electricidade e Electrónica) e Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (Familia de Hostalería e Turismo). Así mesmo impártense curso do Formación Profesional Básica de Electricidade e Electrónica.

 

 

Esta oferta complétase coa de estudos para adultos a distancia do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos (familia de Electricidade e Electrónica), Acreditación de Competencias Profesionais en distintas familias e cursos de AFD para desempregados.