
Axudas a persoas agricultoras mozas para a creación de empresas
09 Febreiro 2022
A Consellería do Medio Rural convoca axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións por parte de persoas mozas, así como para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de marzo de 2022.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B.
Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2022 e en http://mediorural.xunta.gal
* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os 18 anos e non teña cumpridos máis de 40 anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.

Inmersión en lingua inglesa para estudantes
10 Feb 2022
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas a estudantes universitarios, de Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores e Formación Profesional de Grao Superior.
Os cursos impartiranse en 2 modalidades: modalidade de axilidade oral en inglés xeral e modalidade de inglés especializado. Os cursos terán unha duración de 40 horas lectivas distribuídas en 5 días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo a sábado.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos e mozas que cumprisen 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e non cumprisen 30 anos ao 31 de decembro de 2022. As persoas solicitantes teñen que obter a condición de bolseiro/a para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou 2º curso de Bacharelato nas convocatorias de 2019-2020 ou 2020-2021.
Contía da axuda:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado, que serán por conta do participante.
Solicitudes:
As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible en www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a "Trámites e Servizos".
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2022.
Máis información no BOE do 10 de febreiro de 2022 e en http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html

Curso en Ourense de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Xirxilar
08 Feb 2022
A Escola de Tempo Libre Xirxilar organiza en Ourense un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre.
Datas: do 21 de febreiro ao 8 de abril de 2022
Modalidade Mixta:
Parte online: 21 de febreiro ao 8 de abril de 2022
Parte presencial: 21 de febreiro ao 30 de marzo (non hai clase o 28 de febreiro e 1 de marzo por ser festa de Carnaval)
Horario parte presencial intensivo: de luns a venres de 8:00 a 13:30
Escola de Tempo Libre Xirxilar
Teléfonos de contacto: 988 223 377 - 638 581 726
Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Páxina web: www.xirxilar.com

DigiTalent
08 Feb 2022
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, lanza un programa no marco do Plan DigiTalent para fomentar vocacións e adaptar a estudantes, titulados e profesionais aos novos perfís dixitais
Ao longo das sesións abordaranse temáticas relacionadas con tecnoloxías disruptivas que teñen gran impacto na sociedade dixital. O Big Data, a ciberseguridade, a intelixencia artificial, o internet das cousas, a robótica ou as tecnoloxías relacionadas coa xestión medioambiental serán algúns dos temas a tratar, con contidos adaptados aos diferentes públicos: rapaces e rapazas ata 16 anos, centros educativos e profesionais, estudantes e titulados tanto afíns a perfís tecnolóxicos como a non tecnolóxicos.
O ciclo de webinars abre xa a súa inscrición aos primeiros relatorios para os máis novos/as. As xornadas están deseñadas nun formato breve e participativo. Con isto, a Amtega busca achegar as novas tendencias tecnolóxicas aos asistentes dun xeito dinámico, xerando espazos nos que os participantes poden interactuar cos relatores para resolver as súas dúbidas e inquedanzas.
Iniciativas dirixidas á Xuventude
Outro dos bloques prioritarios de actuación do Plan é a adaptación dos estudantes e profesionais ás demandas do mercado laboral, co obxectivo de maximizar as oportunidades de desenvolvemento profesional dos galegos e galegas no eido das novas tecnoloxías.
En liña con este eixe estratéxico, Altia, DXC Technology e NTT DATA suman esforzos coa Amtega para impulsar a formación especializada e achegar a realidade do mundo da empresa á comunidade universitaria e á Formación Profesional nos próximos meses, con iniciativas como Altia FP Dual, AltiaStaging, Altia TechDay, Altia Premia, o Programa UNIQA, o Observatorio DXC ou a celebración de actividades no marco do Foro Tecnolóxico da Universidade de Vigo.
Toda a información sobre estas iniciativas, así como o resto de actuacións recollidas no catálogo DigiTalent encóntrase dispoñible no espazo web DigiTalent, que ofrece as datas, localizacións e instrucións para participar en constante actualización.
https://digitalent.xunta.gal/gl/actividades/xuventude
Sabías que o teu carné xove inclúe un seguro de viaxe gratuíto?.
As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:
Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
- Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
- Transporte dos acompañantes.
- Inmobilizacións nun hotel.
- Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
- Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
- Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado.
- Servizos de información para viaxes ao estranxeiro.
- Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro.
- Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro.
- Servizo de información sobre asistencia médica.
- Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
- Billete de ida e volta para un familiar.
- Gastos de aloxamento para un familiar.
Asistencia por danos á equipaxe.
- Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe.
- Roubos e danos á equipaxe.
- Retraso na entrega de equipaxe.
- Gastos de reposición da documentación de viaxe.
- Roubo na caixa forte do hotel.
- Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
Asistencia por retraso dos medios de transporte.
- Retraso na saída da viaxe.
- Cancelación da viaxe por folga.
- Perda da conexión por retrasos.
- Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
- Retraso por "over booking".
Asistencia por responsabilidade civil
- Responsabilidade civil no estranxeiro.
- Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
- Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
- Servizo de información legal.
- Procura de representante legal no estranxeiro.
- Obtención de salvocondutos.

Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro: http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/establecementoscarnexove/30455-02A-1034_Asistencia_Viaje_Carnet_Xoven_Mais.pdf