Viernes, 07 Mayo 2021

VISITA ATRÉVETE DOS ALUMNOS DO CEIP SACO E ARCE DE TOÉN

O pasado 30 de Abril, dentro do programa “Atrévete” promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que ten como finalidade fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor, recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Saco e Arce de Toén

Estes pequenos e pequenas asistiron primeiro a unha charla de motivación no espírito emprendedor a cargo de Montserrat Padrón, Coordinadora de Emprendemento, coa que  descubriron que todos e todas podemos emprender. A continuación, Yolanda Gómez, xerente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, transmitiulles a importancia das empresas, os empresarios e as empresarias para o desenvolvemento dos territorios nos que se atopan, e cómo as asociacións son capaces de defender os intereses dos seus asociados. Tamén nos acompañou Cristina Ilíe, xoven emprendedora, fundadora da empresa Connect Concept e colaboradora noutros proxectos emprendedores. Cristina narrou a historia das súas aventuras emprendedoras e respostóu as preguntas e inquedanzas dos nosos visitantes

Como colofón, os pequenos e pequenas disfrutaron dunha amena visita guiada polo noso centro, deseñada e realizada polos alumnos e alumnas de 1º do Ciclo Superior de Axencias de Viaxes, coa axuda da súa profesora Karen,  así como dunhas actividades deportivas organizas e executadas polos alumnos de 1º do Ciclo Superior de Ensinanza e Animacion Socio-deportiva, baixo a tutorización do seu profesor Bruno. Moitas grazas a todos eles polo seu esforzo e excelente traballo¡ 

 

Galería de imaxes . . .