Domingo, 01 Agosto 2021
  CSAFD01 Real Decreto 651/2017 de 23 de junio

 

ACONDICIONAMENTO FÍSICO

 

      
Familia
Profesional
Actividades Físicas e Deportivas
Título Técnico Superior en Acondicionamento Físico
 Duración  2000 horas
Acceso Título universitario
Título de técnico superior ou técnico especialista
Con título de Bacharelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia calquera modalidade de bacharelato)
Título de tecnico de grao medio / BUP /
Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente
Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos
Mediante proba a ciclo de grao superior  para maiores de 19 anos
Perfil Profesional
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en elaborar, coordinar, desenvolver e avaliar programas de acondicionamento físico para todo tipo de persoas usuarias e en diferentes espazos de práctica, dinamizando as actividades e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e a saude, garantindo a seguridade e aplicando criterios de calidade , tanto no proceso como nos resultados do servizo.
Postos de Traballo * Adestrador/a de acondicionamento físico nas salas de adestramento polivalente de ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas.
* Adestrador/a de acondicionamento físico para grupos con soporte musical en ximnasios, instalacións acuáticas ou en polideportivos.
* Adestrador/a persoal.
* Instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal.
* Promotor/a de actividades de acondicionamento físico.
* Animador de actividades de acondicionamento físico.
* Coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e de hidrocinesia.
* Monitor/a de aeróbic, de step, de ciclo indoor, de fitness acuático e actividades afíns
* Instrutor/a de as actividades de acondicionamento físico para colectivos especiais
- AMBITOS DE TRABALLO:
No ámbito público (Administración xeral do Estado e administracións autonómicas e locais) e en entidades de
carácter privado, en ximnasios, empresas de servizos deportivos, padroados deportivos ou entidades deportivas municipaies, clubs ou asociacións deportivas ou de carácter social, empresas turísticvas (hoteis, cámping, balnearios, etc), grandes empresas con servizos deportivos para o seu persoal, centros xeriátricvos ou de carácter social,  federacións deportivas ou organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deporte etc).
Plan de estudos
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas

5 módulos
960 horas
MP1151 Acondicionamento físico na auga   11 213
MP1149 Actividades básicas de acondicionamento físico con soporte musical   12 160
MP1153 Control postural, benestar e mantemento funcional    12 187
MP1155 Formación e orientación laboral   5 107
MPI001 Lingua estranxeira profesional I      53
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes    12 240

8 módulos
1040 horas
MP1150 Actividades especializadas de acondicionamento físico con soporte musical   7 123
MP1156 Empresa e iniciativa emprendedora    4 53
MP1148 Fitness en sala de adestramento polivalente    16 173
MP0017 Habilidades sociais    6 123
MPI002 Lingua estranxeira profesional II      53
MP1152 Técnicas de hidrocinesia   8 105
MP1154 Proxecto de acondicionamento físico    5 26
MP1157 MP1157 Formación en centros de traballo   22 384
Titulación Técnico Superior en Acondicionamento Físico
Acceso Estudios  1. O título de técnico superior en Acondicionamento Físico permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio ou de grao superior, segundo o establecido nos artigos 44.2 e 41.3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao, segundo o establecido no artigo 44.3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.