CSELE03 | Decreto 102/2013, do 13 de xuño Real Decreto 1581/2011, do 4 de novembro | |||||
AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL
|
||||||
Familia Profesional |
Electricidade e electrónica | |||||
Título | Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial | |||||
Duración | 2000 horas | |||||
Acceso | Título universitario Título de técnico superior ou técnico especialista Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Ciencias e Técnoloxía) Título de tecnico de grao medio / BUP / Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos Mediante proba a ciclo de grao superior para maiores de 19 anos |
|||||
Perfil Profesional | ||||||
Competencia Xeral | *A competencia xeral do título de técnico superior en automatización e robótica industrial consiste en desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade e respecto polo ambiente e o deseño universal. *Configurar instalacións e sistemas automáticos, de acordo coas especificacións e as prescricións regulamentarias. *Configurar os equipamentos, desenvolvendo programas de xestión e control de redes de comunicación mediante buses estándar de sistemas de automatización industrial. *Elaborar planos e esquemas de instalacións e sistemas automáticos, de acordo coas características dos equipamentos e coas características funcionais da instalación, utilizando ferramentas informáticas. *Definir o protocolo de montaxe, as probas e as pautas para a posta en marcha de instalacións automáticas, a partir das especificacións. *Facer a implantación da instalación de acordo coa documentación técnica, arranxando os problemas da súa competencia e informando doutras continxencias, para asegurar a viabilidade da montaxe. *Supervisar e/ou montar os equipamentos e os elementos asociados ás instalacións eléctricas e electrónicas, de control e infraestruturas de comunicacións en sistemas automáticos. *Supervisar e/ou manter instalacións e equipamentos, realizando as operacións de comprobación, localización de avarías, axuste e substitución dos seus elementos, e restituíndo o seu funcionamento. *Supervisar e realizar a posta en servizo de sistemas de automatización industrial, verificando o cumprimento das condicións de funcionamento establecidas. |
|||||
Postos de Traballo | 1. As persoas que obteñen este título han exercer a súa actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial. 2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: – Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de automatización industrial. – Xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de automatización industrial. – Verificador/ora de aparellos, cadros e equipamentos eléctricos. – Xefe/a de equipo en taller electromecánico. – Técnico/a en organización de mantemento de sistemas de automatización industrial. – Técnico/a de posta en marcha de sistemas de automatización industrial. – Proxectista de sistemas de control de sistemas de automatización industrial. – Proxectista de sistemas de medida e regulación de sistemas de automatización industrial. – Proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial. – Programador/ora controlador/ora de robots industriais. – Técnico/a en deseño de sistemas de control eléctrico. – Deseñador/ora de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial. |
|||||
Plan de estudos | ||||||
Curso | Código | Módulo | Hor Seman | créditos | Horas | Horas |
1º
|
MP0959 | Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos | 10 | 160 | 960 | |
MP0960 | Sistemas secuenciais programables | 10 | 160 | |||
MP0961 | Sistemas de medida e regulación | 10 | 133 | |||
MP0962 | Sistemas de potencia. | 12 | 186 | |||
MP0963 | Documentación técnica | 5 | 107 | |||
MP0964 | Informática industrial. | 5 | 107 | |||
MP0970 | Formación e orientación laboral | 5 | 107 | |||
2º
|
MP0965 | Sistemas programables avanzados | 5 | 123 | 1040 | |
MP0966 | Robótica industrial | 5 | 87 | |||
MP0967 | Comunicacións industriais | 11 | 192 | |||
MP0968 | Integración de sistemas de automatización industrial | 11 | 175 | |||
MP0971 | Empresa e iniciativa emprendedora | 4 | 53 | |||
MP0969 | Proxecto de Automatización e Robótica Industrial | 5 | 26 | |||
MP0972 | Formación en centros de trabajo | 22 | 384 | |||
Titulación | Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial | |||||
Acceso Estudos | 1. O título de técnico superior en Automatización e Robótica Industrial, permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan. 2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan. 3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo. |