CSELE02 | Decreto 210/2012, do 4 de outubro Real Decreto 883/2011, do 24 de xuño | |||||
SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOS
|
||||||
Familia Profesional |
Electricidade e electrónica | |||||
Título | Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos | |||||
Duración | 2000 horas | |||||
Acceso | Título universitario Título de técnico superior ou técnico especialista Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Ciencias e Técnoloxía) Título de tecnico de grao medio / BUP / Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos Mediante proba a ciclo de grao superior para maiores de 19 anos |
|||||
Perfil Profesional | ||||||
Competencia Xeral | A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos, así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de produción de audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación ambiental. a)Desenvolver proxectos de instalacións ou sistemas de telecomunicacións, obtendo datos e características, para a elaboración de informes e especificacións. b) Calcular os parámetros de equipamentos, elementos e instalacións, cumprindo a normativa e os requisitos da clientela. c) Elaborar o orzamento da instalación, cotexando os aspectos técnicos e económicos, para lle ofrecer a mellor solución á clinetela. d) Realizar o lanzamento da montaxe das instalacións, partindo do programa de montaxe e do plan xeral de obra. f) Supervisar e/ou executar os procesos de montaxe das instalacións e dos sistemas, verificando a súa adecuación ás condicións de obra e controlando o seu avance, para cumprir os obxectivos da empresa. |
|||||
Postos de Traballo | *Axudante de proxectista en instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios. *Supervisor/ora da montaxe de instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios. *Técnico/a en verificación e control de equipamentos e instalacións de telecomunicacións. * Especialista en instalación, integración e mantemento de equipamentos e sistemas de telecomunicación. *Xefe/a de obra en instalacións de telecomunicacións. *Técnico/a en supervisión, instalación, verificación e control de equipamentos de sistemas de radio e televisión en estudios de produción e sistemas de produción audiovisual. *Técnico/a en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de radiodifusión. *Técnico/a en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de seguridade electrónica e circuítos pechados de televisión. * Técnico/a en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control en redes locais e sistemas telemáticos. * Técnico/a en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control en sistemas de radioenlaces. *Especialista en integración, instalación e mantemento de equipamentos e sistemas informáticos. |
|||||
Plan de estudos | ||||||
Curso | Código | Módulo | Hor Seman | créditos | Horas | Horas |
1º 6 módulos |
MP0525 | Configuración de infraestruturas de sistemas de telecomunicacións | 8 | 107 | 960 | |
MP0551 | Elementos de sistemas de telecomunicacións | 8 | 240 | |||
MP0552 | Sistemas informáticos e redes locais | 11 | 213 | |||
MP0553 | Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións | 8 | 160 | |||
MP0559 | Formación e orientación laboral | 5 | 107 | |||
MP0713 | Sistemas de telefonía fixa e móbil | 8 | 133 | |||
2º 8 módulos |
MP0554 | Sistemas de produción audiovisual | 10 | 174 | 1040 | |
MP0555 | Redes telemáticas | 9 | 105 | |||
MP0556 | Sistemas de radiocomunicacións | 9 | 105 | |||
MP0557 | Sistemas integrados e fogar dixital | 7 | 123 | |||
MP0560 | Empresa e iniciativa emprendedora | 4 | 53 | |||
MP0601 | Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións | 6 | 70 | |||
MP0558 | Proxecto de sistemas de telecomunicacións e informáticos | 5 | 26 | |||
MP0561 | Formación en centros de traballo | 22 | 384 | |||
Titulación | Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos | |||||
Acceso Estudos | 1. O título de técnico superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan. 2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan. 3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo. |