CMEOC02 | Real Decreto 1689/2011 do 18 de novembro Decreto 139/2013, do 18 de xullo | |||||
OBRAS DE INTERIOR, DECORACIÓN E REHABILITACIÓN
|
||||||
Familia Profesional | Edificación e Obra Civil | |||||
Título | Técnico en Obras de interior decoración e rehabilitación | |||||
Duración | 2000 horas | |||||
Acceso | Título ESO (LOE/LOXSE/LOMCE) - Título de técnico auxiliar 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos Título Profesional Básico (FPBÁSICA) - Módulos obrigatorios dun PCPI Curso de formación especificio para acceso a ciclos de grao medio Proba acceso a ciclos de grao medio - Proba acceso (madurez) a ciclos de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou Artes plásticas e deseño - Proba acceso á universidade para maiores de 25 anos |
|||||
Perfil Profesional | ||||||
Competencia Xeral | A competencia xeral do título de técnico en obras de interior, decoración e rehabilitación consiste en organizar e executar os acabamentos de construción en obra nova, reforma e rehabilitación, realizando chans, particións e teitos, mediante a instalación de paneis ou pezas prefabricadas, a colocación de placas ou láminas, a aplicación de revestimentos continuos e a pintura de superficies, cumprindo as condicións e os prazos establecidos, así como as prescricións de calidade, seguridade e ambiente a) Realizar particións e extradorsados, montando placas prefabricadas e comprobando a súa posición, a fixación, o achandamento e o acabamento final. b) Realizar teitos suspendidos con pezas prefabricadas, implantando e montando elementos de sustentación, tirantes, perfís e placas. c) Instalar chans técnicos e anteparos, implantando a posición dos seus elementos e montando soportes, perfís, pezas de pavimentación e rexistros para instalacións. d) Executar traballos de revestimento en acabamentos de construción con pastas e morteiros, realizando recebos, gornecidos, lucidos e revocaduras. e) Realizar revestimentos de paramentos verticais e horizontais con materiais lixeiros (papel, téxtil, madeira, plástico, metal, etc.), preparando soportes, fixando láminas e/ou pezas e resolvendo unións e xuntas. f) Realizar acabamentos con pinturas, esmaltes e vernices en elementos de construción, preparando soportes, realizando mesturas e aplicando as capas especificadas mediante procedementos manuais e mecánicos. g) Revestir paramentos horizontais e verticais, realizando traballos de solado con pezas ríxidas, chapados e azulexados. h) Organizar a execución dos traballos de obras de interior, decoración e rehabilitación. |
|||||
Postos de Traballo | As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e morteiros. Xefe/a de equipo e/ou encargado/a de persoal azulexador e solador. Xefe/a de equipo de persoal instalador de sistemas prefabricados de xeso laminado ou falsos teitos. Xefe/a de equipo e/ou encargado/a de pintores/oras e empapeladores/oras. Aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas. Revocador/ora de construción. Azulexador/ora solador/ora. Instalador/ora de placa de xeso laminado. Instalador/ora de falsos teitos. Xunteiro/a de placa de xeso laminado. Colocador/ora de prefabricados lixeiros en construción. Colocador/ora de pavimentos lixeiros, en xeral. Colocador/ora de moqueta. Instalador/ora de pavimentos elevados rexistrables. Instalador/ora de sistemas de anteparos e empanelados técnico. Pintor/ora e/ou empapelador/ora. Pintor/ora de interiores. Pintor/ora decorador/ora de interiores. Pintor/ora de obra. Pintor/ora de fachadas de edificación |
|||||
Plan de estudos | ||||||
Curso | Código | Módulo | Hor Seman | créditos | Horas | Horas |
1º 7 módulos |
MP0995 | Construción | 133 | 960 | ||
MP0996 | Interpretación de planos de construción. | 107 | ||||
MP1194. | Revestimentos continuos | 187 | ||||
MP1195 | Particións prefabricadas | 187 | ||||
MP1196 | Anteparos e chans técnicos | 107 | ||||
MP1197 | Teitos suspendidos | 132 | ||||
MP1201 | Formación e orientación laboral | 107 | ||||
2º 6 módulos |
MP1003 | Solados, azulexados e chapados | 192 | 1040 | ||
MP1198 | Revestimentos lixeiros | 123 | ||||
MP1199 | Pintura decorativa en construción. | 192 | ||||
MP1200 | Organización de traballos de interior, decoración e rehabilitación | 70 | ||||
MP1202 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||||
MP1203 | Formación en centros de traballo | 410 | ||||
Titulación | Técnico en Obras de Interior decoración e rehabilitación | |||||
Acceso Estudos | 1. O título de técnico en Obras de Interior decoración e rehabilitación permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan. 2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados. 3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro. |