CSHOT02 | Real Decreto 1254/2009 do 24 de xullo Decreto 172/2010 do 23 de setembro | |||||
AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS
|
||||||
Familia Profesional |
Hostalería e Turismo | |||||
Título | TÉCNICO SUPERIOR EN AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS | |||||
Duración | 2000 horas | |||||
Acceso | Título universitario Título de técnico superior ou técnico especialista Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidad Humanidades e Ciencias Sociais) Título de tecnico de grao medio / BUP / Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos Mediante proba a ciclo de grao superior para maiores de 19 anos |
|||||
Perfil Profesional | ||||||
Competencia Xeral | A competencia xeral deste título consiste en programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo accións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela. | |||||
Postos de Traballo | 1. Este profesional exerce a súa actividade no sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou de traballadores por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos. 2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes - Xefe/a de oficina de axencia de viaxes. – Xefe/a de departamento en axencia de viaxes. – Axente de viaxes. – Consultor/ora de viaxes. – Organizador/ora de eventos. – Vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas – Promotor/ora comercial de viaxes e servizos turísticos. - Empregado/a do departamento de reservas (“booking”) |
|||||
Plan de estudos | ||||||
Curso | Código | Módulo | Hor Seman | créditos | Horas | Horas |
1º 6 módulos |
MP0171 | Estrutura do mercado turístico | 8 | 133 | 960 | |
MP0173 | Márketing turístico | 10 | 160 | |||
MP0179 | Inglés | 7 | 160 | |||
MP0383 | Destinos turísticos | 12 | 213 | |||
MP0384 | Recursos turísticos | 10 | 187 | |||
MP0401 | Formación e orientación laboral | 5 | 107 | |||
2º 8 módulos |
MP0172 | Protocolo e relacións públicas | 8 | 105 | 1040 | |
MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 7 | 157 | |||
MP0397 | Xestión de produtos turísticos | 6 | 105 | |||
MP0398 | Venda de servizos turísticos | 8 | 123 | |||
MP0399 | Dirección de entidades de intermediarios turística | 8 | 87 | |||
MP0402 | Empresa e iniciativa emprendedora | 4 | 53 | |||
MP0400 | Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos | 5 | 26 | |||
MP0403 | Formación en centros de traballo | 22 | 384 | |||
2000 | ||||||
Titulación | Técnico Superior en Axencias de viaxes e xestión de eventos | |||||
Acceso Estudos | 1. O título de técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan. 2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan. 3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo. |