PROFESORADO      AULA VIRTUAL         

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocou o 1º Campionato Galego FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos. 

O obxectivo é darlle unha maior proxección, difusión e recoñecemento aos ciclos de formación profesional básica e programas formativo

 
   A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA OURENSANA NA ÉLITE DAS SKILLS.            CIFP A Farixa Ouro e o IES 12 de Outubro bronce
   

Este campionato, eminentemente práctico, consistiu no desenvolvemento de competicións relacionadas coas especialidades de FPB e programas formativos, nas que o alumnado participante mediu as súas destrezas e as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Nesta primeira convocatoria foron recoñecidos dous centros ourensáns.

Medalla de Ouro de “Electricidade e electrónica”, do CIFP A FARIXA, para os alumnos (Eric Manuel Pichardo Carballo e Mohamed Oukhoya).

Medalla de Bronce de “Peiteado e estética”, do IES 12 de Outubro” para o Andrés dos Santos Moreno.

As medallas foron entregadas polo conselleiro de educación D. Román Rodríguez González, que destacou a proxección da FPB, xa que a maioría continua súa formación en ciclos medios e superiores.

No caso da proba de electricidade, por exemplo, tratouse de realizar a instalación eléctrica dun apartamento en 4 horas. Os participantes mostraron súas destrezas e capacidades diante de grupos de alumnos e espectadores que se achegaron os lugares das probas.

O obxectivo deste certame é impulsar o prestixio de estas ensinanzas como una opción de futuro para as persoas que as cursan e a continuidade no sistema de oportunidades laborais que representa a Formación Profesional.

 

 
                                            https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37194