![]() |
![]() |
|
![]() |
O día 03/03/2020 e dentro do Plan de igualdade do CIFP desenvolveuse a actividade "Deporte en feminino" no salón de actos do centro.
A árbitra de 1ª división feminina Zulema González e a actual seleccionadora galega de fútbol sala alevín Beatriz Seijas deron conta da situación actual de desigualdade entre homes e mulleres en ámbolos dous deportes.
Dous exemplos de empoderamento do deporte feminino e en feminino nun contexto adverso
|
![]() |
|
![]() |
14/02/2020
Unha maior igualdade de xénero repercute de forma positiva na rendibilidade do sector turístico e faino mái sustentable e competitivo.
Dende o Departamento de Turismo presentouse a nova vestimenta que lo alumnado levará nas diferentes actividades para visibilizar o noso logotipo e slogan “ Amarrando a igualdade”, unha iniciativa máis que se suma ás propostas no noso centro educativo. |
![]() |
|
|
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 201926/11/2019 O salón de actos do CIFP A Farixa acolleu dentro do seu Plan de Igualdade e conmemorando o día contra a violencia de xénero a charla-coloquio da profesora da UVigo e especialista en Estudos de Xénero Carmen Armada Olleros sobre as orixes das desigualdades de xénero. A ponente, a través dun método filosófico, axeitado ao auditorio participante, e partindo do mito de Pandora, fixo un percorrido pola historia da filosofía e o pensamento filosófico que dende as súas orixes xustifica a invisibilidade da muller e a súa submisión ao longo do tempo. Este uso da filosofía deriva, de algún xeito, no fenómeno da violencia de xénero.
|
![]() |
|
|
OBRADOIRO: A VER SE ME ACLARO... DICCIONARIO DE IGUALDADE19/12/2019 Consideramos fundamental para poder debater, reflexionar, intercambiar, coñecer, opinar con fundamento que para construir un mundo igualitario temos que aclarar certos conceptos xa que o feito de que os interpretemos dun ou doutro xeito nos predispón, nos limita, nos manipula, nos coacciona, nos fai crear estereotipos e actitudes favorables ou non ante determinadas realidades. Polo tanto este obradoiro consiste en traballar cas mozas e mozos certos conceptos que nos permitirán por unha banda palpar o prexuízos en torno á igualdade, debater sobre eles e por outra banda aclaralos para que a conceptualización destes termos xenere unha transformación de actitudes, conductas e accións. Obxectivos:
|
|
|
![]() |
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Con motivo do “día contra a Violencia de Xénero, no Cifp A Farixa realizamos varias actividades co fin de concienciar á comunidade educativa, unir os nosos esforzos e reivindicar a erradicación dá violencia cara ás mulleres que impide que a sociedade avance no camiño dá igualdade e do benestar común. Na chaira da fachada principal de acceso ao centro manifestouse o alumnado e o profesorado. Susana Fernández Álvarez, alumna do CS de Axencias de Viaxes en representación dos alumnos e alumnas, leu o manifesto en contra da violencia de xénero. A violencia machista constitúe un dos maiores atentados contra os Dereitos Humanos e a dignidade das persoas, causa dano e sufrimento a millóns de mulleres no mundo e impide alcanzar os obxectivos da igualdade. Segundo un informe da ONU, unha das causas principais de morte entre as mulleres entre 15 e 44 anos en todo o mundo é a violencia de xénero con cifras similares ás mortes provocadas polo cancro, os accidentes de tráfico ou as guerras. Outro dato demoledor, segundo Intermón Oxfan, é que 7 de cada 10 mulleres no mundo, sufrirá violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida. Non nos podemos permitir non actuar, manternos en silencio, ante este escenario. Estamos na obrigación de actuar, xa que o silencio só beneficia aos agresores. Nós non queremos ser cómplices por iso alzamos a voz para posicionarnos en contra da violencia. PECHAMOS A PORTA AOS MALOS TRATOS, ANTE O AGRESOR TOLERANCIA CERO, CONTRA A VIOLENCIA TODOS E TODAS DAMOS A CARA, NON SOMOS CÓMPLICES. E ás mulleres vítimas de violencia machista queremos enviarlles unha mensaxe de solidariedade e de esperanza: “TÍ MERECES UN MUNDO MELLOR, HAI SAÍDA AOS MALOS TRATOS”
CONSTRUAMOS ENTRE TODOS E TODAS UN FUTURO MELLOR |
|
||
Igualdade dende un click | ||
|
||||
UNHA VIAXE (CURTA) POLO RUEIRO FEMININO DO CONCELLOSometo a seguinte premisa á vosa consideración: igual que a nivel persoal construímos o mundo a partires da nosa percepción (egocentrismo), a nivel social desenvolvemos unha cultura que é unha representación dos nosos valores e modelos de sociedade. Se isto é así poderiamos colixir que a importancia que a sociedade lle outorga a un grupo ou mesmo a unha categoría ou aínda a un concepto queda reflectida na presenza, ou ausencia, de dita entidade nos diversos produtos culturais que emerxen da citada sociedade. Neste caso falamos da sociedade occidental. Levemos isto á rúa, literalmente. Ao rueiro da cidade de Ourense.
|