Visita á feira de Xantar
   

 

O xoves 4 de novembro, o alumnado dos ciclos formativos de Turismo do CIFP A Farixa visitaron a feira de Xantar onde participaron na presentación "A la Vasca": Euskadi, una experiencia Gastronómica e, a continuación, visitaron a feira.

 

Durante a presentación sobre o turismo enogastronómico de Euskadi, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer a maneira na que esta Comunidade Autónoma traballou e o sigue facendo para poñer en valor a súa gastronomía e convertila nun produto turístico que promociona, por diferentes canais, para atraer visitantes xenerando unha diferencia competitiva. Ao finalizala, o alumnado disfrutou visitando o espazo da feira onde participou en diferentes actividades e degustou unha gran cantidade de produtos que en cada un dos stands se promocionaban. Participaron en sorteos e algún dos participantes gañou unha cea nas instalacións de Xantar que xa degustou esa mesma noite.

 

Unha experiencia enogastronómica para repetir!!!