Visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento
   

 

O alumnado do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica xunto co Ciclo Superior de Proxectos de Edificación, visitaron o Parque Eólico experimental Sotavento, onde puideron ver unha casa bioclimática que emprega enerxías renovables do entorno, aeroxenadores nos que dende o interior viron o seu funcionamento e os talleres onde coñeceron os elementos mecánicos e eléctricos dos aeroxenadores. Ademais asistiron a unha interesante charla sobre o mercado da enerxía e os prezos da enerxía eléctrica.