ACREDITACIÓNS      BOLSA DE EMPREGO

      EDUCALIDADE      PROFESORADO      AULA VIRTUAL         

Saída a Cachamuiña (Cabañas) e Parador de Santo Estevo
   

 

O mércores 16 de febreiro de 2022 as alumnas e alumnos dos Ciclos Superiores de Guía, Información e Asistencia Turística e Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, tiveron unha actividade complementaria a Cachamuíña co fin de coñecer o novo proxecto recentemente inaugurado nas inmediacións do embalse, trátase dunha nova forma de aloxamento que resulta moi atractivo pola súa orixinalidade, son un conxunto de cabañas totalmente equipadas para disfrutar do entorno e dos seus alrededores, unha vez terminada esta visita seguíuse camiño cara o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, no corazón da Ribeira Sacra dende que foi inaugurado no ano 2004 comenzou un despegue ascendente posicionándose na actualidade como un dos máis visitados dentro da rede de Paradores. Alí fomos recibidos polo seu director e pola responsable de eventos, que a súa vez foi exalumna de este centro. Os alumnos poideron disfrutar do entorno e do establecemento coñecendo de primeira man cada unha das súas instalacións e rematou a visita cunha charla informativa sobre os Paradores, as súas funcións e o plan formativo que actualmente teñen posto en marcha. 

 

Durante a visita os responsables de ambos establecementos manifestaron o seu interese por colaborar co centro na FCT e a súa disposición por recibir alumnado para dito período. Estas visitas son unha forma de interrelación do centro formativo e o contorno laboral existente na provincia de Ourense.