![]() |
|
“Situación actual do mundo audiovisual” - J A. Touriñan | |
![]() |
|
O actor Xosé A. Touriñan visitou o CIFP A FARIXA como poñente na charla coloquio “Situación actual do mundo audiovisual”.
Na actividade participaron todos os alumnos do centro. Aínda que a temática estivo máis orientada cara o alumnado de ciclo medio de Vídeo-DJ e o ciclo superior de Produción audiovisual. As cuestións que preguntaron os alumnos foron: cando tivo a idea de adicarse a este mundo audiovisual, como é a súa perspectiva actual e futura do sector e diferenzas entre o público galego e o de fora. Faloulles das cambaladas que experimentou na súa profesión artística, experiencias surrealistas e os mellores e peores momentos que recorda. Animounos a formarse e entrar canto antes no sector audiovisual, xa que se esta a producir un repunte nas producións despois do parón debido á Covid. Máis concretamente, en Ourense estanse desenrolando 3 rodaxes neste momento.
|
|
![]() |
![]() |