Sábado, 22 Enero 2022
Libros Marcos Viso na Bilbioteca do CIFP A Farixa
   

 

O meu baleiro, de Marcos Viso, é unha proposta que fala das ausencias e da necesidade que temos como persoas de rodearnos de amizades e doutros seres humanos que nos dean cariño.

 

Esta obra indaga en sensacións universais, e tenta darlle un sentido á perda, non só a través das verbas, senón sobre todo das ilustracións que as acompañan e que conforman unha proposta ateigada de emoción.

 

(sacado do Blogue de Lecturafilia)

  

 

Distancias, de Tamara Andrés e Marcos Viso; Hai libros que non se parecen a ningún outro, o que supón unha riqueza e singularidade que os identifican como obxecto (ou “artefacto” segundo a presentación editorial) desexábeis; e eu diría que imprescindíbeis para quen ama o libro e a lectura por riba de todas as cousas. Ben, iso había que dicilo, porque así é, mais hai que aclaralo, pois trátase dun libro ilustrado e de libros ilustrados estamos fartos de oír/ler. O que pasa é que este non é un libro ilustrado típico. Como se desprende do título destas liñas, é un libro híbrido. É un libro onde a ilustración e a poesía (ou ao revés, se queren) camiñan de mans dadas, inter-relacionándose entre si, preñándose entre si de xeito que a mensaxe xa non é só unha mensaxe ilustrada senón unha mensaxe que nace da interconexión da arte poética e a iconografía visual. Un libro atípico, pois.

 

(anaco da crítica de X.M.Eiré)