Viernes, 07 Mayo 2021
Punto de recarga sostible (solar) para vehículos eléctricos   
     
     

 

 

FUNCIONAMENTO EN TEMPO REAL

 

ESTACIÓN METEREOLÓXICA

 

 
 

Profesorado pertencente ás familias de “Enerxía e auga” e “Electricidade e electrónica” colaboraron na realización do proxecto Punto de recarga sostible (solar) para vehículos eléctricos. Trátase dunha instalación solar fotovoltaica executada con fins didácticos na que os alumnos poden facer prácticas mellorando a súa aprendizaxe. Ademais de ter a posibilidade de estudar e analizar todos os compoñentes e as características dos equipamentos da instalación, o proxecto completouse coa instalación dunha estación meteorolóxica da que se obteñen datos que, cruzados cos datos de produción de enerxía fotovoltaica, permiten analizar o comportamento, funcionamento e rendemento da instalación fotovoltaica executada. O proxecto mostra a importancia das enerxías renovables na actualidade, conseguindo dispor no CIFP A Farixa dun sistema de recarga de vehículos eléctricos, mostrando unha innovadora e importante aplicación práctica da enerxía solar.