
PARA EDIFICAR UN PRESENTE QUE DEMANDA CADA VEZ MÁIS O RESPETO AMBIENTAL E A SOSTENIBILIDADE
DEMANDA LABORAL EN ALZA
O FÍO DE ARIADNA [autor: Amadeo tosar Durán]
Conta a lenda que, fai miles de anos, o terrible rei Minos e Pasífae, a súa dona, gobernaban na illa de Creta. Tiñan un fillo, Androgeo, e unha filla, Ariadna. O rei Minos tiña encerrado nun labirinto ao Minotauro, un monstro metade home e metade touro bravo, que devoraba xente.
Egeo, rei de Atenas, matara ao fillo de Minos, polo que Minos cercou Atenas, que se viu rápidamente arrasada pola seca, a fame e as enfermidades. Egeo tivo que aceptar as condicións de Minos. A cambio da paz, cada nove anos os atenienses debían enviar sete homes novos e sete doncelas para alimentar ao Minotauro. A terceira vez que os atenienses ían pagar o seu tributo, Teseo -fillo de Egeo, o rei de Atenas- ofrécese a ir e matar ao Minotauro para liberar ao seu pobo. O problema era que o Minotauro vivia nun labirinto do que non se podía escapar.
A filla de Minos, Ariadna, namórase de Teseo pola súa bondade e afouteza, e decide axudalo coa condición de que fuxa con ela e a leve lonxe do seu temible pai. Teseo aceptou e Ariadna regaloulle un nobelo de fío para que unha vez no labirinto, fóra desenvolvendo como guía no camiño de volta.
Teseo matou ao Minotauro, saliu do labirinto tirando do fío e fuxíu con Ariadna ata a illa de Naxos, onde a deixou durmida na beira do mar, ata que o deus Dionisos, namorado, casou con ela.
Miles de anos máis tarde, aquí estamos enfrentados ao noso minotauro, a Historia da Humanidade, devoradora de xente no seu propio labirinto de civilizacións, fronteiras, sociedades, crenzas e loitas. Nos non somos Teseo, pero temos un Fío de Ariadna para percorrer ese labirinto dende os albores da humanidade ata os nosos días.
Se votas conta, o fío que nos permite percorrer esa Historia non é outro que a arquitectura, a Edificación.
Tirando de ese fío desfacemos o camiño que vai dende as primeiras covas rupestres, as mámoas, os pobos trogloditas ou os restos castrexos galegos ata os rañaceos, aeroportos ou estadios de fútbol, pasando polas misteriosas pirámides, os maxestuosos templos orientais, os perfectos odeóns gregos, as catedrais europeas e tantos restos arqueolóxicos que falan dos que habitaban no medio deses muros. Nada como a edificación berra máis alto do noso pasado e vai a carón do noso futuro. Unha edificación é a nosa casa, estudamos e traballamos nunha edificación, tomamos café nunha edificación. Edificios son os hospitais, centros comerciais e de ocio, as tendas e estacións de servicio, as oficinas e museos e ata a cadea na que caemos presos ás veces. Todos conforman ese fío, non sempre ben trenzado pero poderoso. Sin edificación non hai cortinas nin sofás, non hai mesas, mostradores nin inodoros. Non teríamos paredes para os cadros e, por riba de todo, non habería refuxio.
Pois ben, aquí, no CIFP A Farixa, hai un puñado de mozos e mozas que están a tecer un anaquiño de ese fío de Ariadna, están a trenzar un tramo pequeno pero necesario para completar o nobelo. Un grupo de futuros profesionais para edificar futuro ou para rehabilitar os espazos que o tempo maltratou, ata que eses espazos sonrían de novo e volvan formar parte do fío.
Están no noso CICLO MEDIO DE OBRAS DE INTERIOR, DECORACIÓN E REHABILITACIÓN, para edificar un presente que demanda cada vez máis o respeto ambiental e a sostenibilidade, cunha demanda laboral en alza para un sector imprescindible.