VISITA ATRÉVETE DOS ALUMNOS DO CEIP PENA CORNEIRA DE CARBALLEDA DE AVIA

O pasado 7 de Maio tivemos o pracer de contar coa visita dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia, acompañados da súa profesora Esther Prieto.

 

A visita formaba parte do programa “Atrévete”, incluido no plan Eduemprende da Xunta de Galicia e que ten como finalidade fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

 

Os pequenos e pequenas asistiron en primeiro lugar a  unha charla a cargo de Montserrat Padrón, Coordinadora de Emprendemento, na que debatiron acerca de qué é ser emprendedor ou emprendedora, qué fai falta para emprender e se se pode aprender a emprender. Descubriron que os emprendedores e emprendedoras son solucionadores de problemas e coñeceron cómo xurdiron famosas ideas emprendedoras como por exemplo o Tipex, o chupa-cups ou o a iniciativa “Un litro de luz”

 

Despois, Yolanda Gómez, xerente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, falóulles da importancia das empresas, os empresarios e as empresarias, cómo cos seus impostos e os postos de traballo que crean, contribuen ao desenvolvemento dos territorios nos que se atopan. Os pequenos poideron coñecer algunhas das empresas presentes no polígono, como pode ser Coren, Finsa, Copasa, Rodríguez López Auto ou Myboxexperience, entre outras. Tamén comprenderon cómo as asociacións son capaces de defender os intereses dos seus asociados. 

 

A continuación, escoitamos a emprendedora Uxía Buciños, fundadora dunha empresa de agricultura colaborativa e ecolóxica en Allaríz, quen nos contóu as razóns polas que decidiu deixar un traballo estable para embarcarse na aventura de emprender, os atrancos que atopóu e cómo logrou superalos.  

 

Como colofón, os pequenos e pequenas disfrutaron dunha amena visita guiada polo noso centro, deseñada e realizada polos alumnos e alumnas de 1º do Ciclo Superior de Guías e Asistencia Turística, coa axuda da súa profesora Karen,  así como dunhas actividades deportivas organizas e executadas polos alumnos de 1º do Ciclo Superior de Ensinanza e Animacion Socio-deportiva, baixo a tutorización do seu profesor Bruno. Moitas grazas a todos eles polo seu esforzo e excelente traballo¡ 

 

Galería de imaxes . . .